O alcalde de Baltar: “É lóxico que o PP teña máis corrupción porque goberna en máis concellos”

José Antonio Feijóo fixo esta afirmacion nun pleno da Deputación de Ourense ante a sorpresa dos demais deputados. Tamén el estivo procesado pero saíu absolto.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 27/03/2018 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

José Antonio Feijóo, é alcalde do municipio ourensán de Baltar e deputado na Deputación de Ourense. Estivo procesado por coaccións ao tentar que catro veciños non foran nas listas municipais de 2011. Un xuízo do que saíu absolto. E, non se sabe se por isto ou por outras cuestións non ten problema en afirmar que a “corrupción” na política é algo normal.

José Antonio Feijóo, alcalde de Baltar
José Antonio Feijóo, alcalde de Baltar | Fonte: ourensedixital.com

“É lóxico que o PP teña máis corrupción porque goberna en máis concellos”, dixo nun recente pleno provincial ante o estupor dos grupos da oposición. O presidente, José Manuel Baltar, instouno a rematar a súa intervención.

“Alguén non ten corrupción nas súas filas. Ten menos corrupción?. E pregúntase o por que, seguramente porque se o Patido Popular está en dez concellos e o BNG, por exemplo, nun, o lóxico é que teña o 10% máis –de corrupción--, o 50% máis ou o 60% máis”, dixo ante a sorpresa dos seus compañeiros de bancada.

Feijóo é un dos históricos dirixentes do PP en Ourense. Deixou a política tras ser iniciarse xuízo contra el e volveu logo de ser absolto dos delitos de coaccións. O xuíz o Xulgado do Penal número 1 de Ourense, cualificou, entón, a conduta do rexedor de “desafortunada” e “reprochable” para a pluralidade democrática pero non viu “indicio de acto coactivo”.  Tras a súa volta á política o rexedor agradeceu a Baltar pai e a Feijóo o seu apoio durante o proceso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta