Abanca compra o negocio polo miúdo de Deutsche Bank en Portugal

Abanca adquiriu a unidade de banca de particulares de Deutsche Bank Private & Commercial Client (PCC) en Portugal, especializado no segmento de banca persoal e privada.

Santiago de Compostela | 27/03/2018 | Actualizada ás 19:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Abanca adquiriu a unidade de banca de particulares de Deutsche Bank Private & Commercial Client (PCC) en Portugal, especializado no segmento de banca persoal e privada.

A operación, da que non se deu a coñecer o importe, culminará no primeiro semestre de 2019, após recibir as autorizacións necesarias e concluír a integración tecnolóxica de ambas as entidades.

O negocio comprado por Abanca consiste en 41 oficinas comerciais distribuídas polo país luso, principalmente en Lisboa e Oporto, das que catro son centros de investimento e dúas oficinas de banca privada.

Abanca, que resultou gañadora no proceso formal de venda da entidade en Portugal, reforzará así a súa presenza no país luso, no que conta actualmente con catro oficinas.

A filial portuguesa de Deutsche Bank dispón dunha carteira crediticia bruta de 2.400 millóns de euros, 1.000 millóns de euros en depósitos e 3.100 millóns de euros fóra de balance, co que o seu volume de negocio ascende a 6.500 millóns de euros, segundo informou Abanca á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Deutsche Bank PCC comezou a súa andaina no mercado portugués en 1978 como banco de particulares, enfocado a clientes de banca privada con poder adquisitivo medio-alto.

A entidade alemá sinalou nun comunicado que permanece "firmemente comprometida" con Portugal e seguirá presente no país luso mediante as súas operacións de banca de empresas e investimento.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Arturo

Eso o fan ( por desgracia, claro) todos o s bancos.Se tes domiciliada a pensión, non te cobran.

1 Gamela

pero cobrar 72 €uros / ano por ter conta en ABANCA debera ser DELITO !!!