Un mozo de Ferrol recibe un disparo dun policía tras ameazalo cun coitelo

O ferido portaba un coitelo e trataba de acceder á vivenda dunha muller coa que discutira. O axente di que disparou ao ver perigar a súa integridade física e a dos seus compañeiros.

Por E.P. | Ferrol | 29/03/2018 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Un mozo de 29 anos, J.M.F.L., veciño de Ferrol, resultou ferido despois de recibir o impacto dunha bala logo de que un axente da Policía Nacional, pertencente á Comisaría de Ferrol-Narón, efectuase un disparo coa súa arma regulamentaria, ao ver perigar a súa integridade física e a dos seus compañeiros.

Axentes de Policía Nacional
Axentes de Policía Nacional

O incidente produciuse sobre as 20,00 horas deste mércores, 28 de marzo, en pleno barrio de Recimil, e máis concretamente á altura do número 3 da rúa Euskadi. O agora ferido presentouse nesa dirección portando un coitelo e ameazando a unha das veciñas do inmoble, coa que mantiña unha mala relación.

Foi entón cando a muller efectuou unha chamada á central da Policía Local de Ferrol alertando da situación, o que motivou a mobilización de varias patrullas deste corpo e tamén da Policía Nacional, que unha vez no lugar, na zona da beirarrúa e moi próximos ao portal do edificio, foron ameazados polo portador do coitelo, de etnia xitana.

Este, en lugar de deportar a súa actitude, tratou de agredir aos axentes, polo que como resposta obtivo un disparo que lle alcanzou na zona do peito.

AUXILIO SANITARIO

Foi entón cando os axentes requiriron a presenza dunha ambulancia de Urxencias Sanitarias-061, que, após proceder á estabilización do ferido, primeiro na zona da beirarrúa e logo no vehículo sanitario, iniciaron o seu traslado ao servizo de urxencias do Hospital Arquitecto Marcide.

Alí permanece custodiado por axentes da Policía Nacional á espera de que mellore, xa que ten prognóstico reservado, e así poder proceder á súa detención.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta