A Xunta advirte aos sindicatos de xustiza que non fai falta mediación senón que "reflexionen" sobre a súa proposta

A Xunta "comparte a preocupación" pola situación dos xulgados galegos a consecuencia da folga dos funcionarios da Administración de xustiza da comunidade que, desde que se iniciou con carácter indefinido o pasado 7 de febreiro, "está a provocar innumerables prexuízos aos cidadáns". Iso si, non ve necesaria mediación, senón que os sindicatos "reflexionen" sobre a súa proposta.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2018 | Actualizada ás 20:50 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta "comparte a preocupación" pola situación dos xulgados galegos a consecuencia da folga dos funcionarios da Administración de xustiza da comunidade que, desde que se iniciou con carácter indefinido o pasado 7 de febreiro, "está a provocar innumerables prexuízos aos cidadáns". Iso si, non ve necesaria mediación, senón que os sindicatos "reflexionen" sobre a súa proposta.

Así o trasladou o Executivo autonómico a Europa Press despois do encontro que mantiveron este luns o comité de folga e representantes do Consello Galego da Avogacía, que, segundo difundiron os sindicatos, volveu ofrecerse a mediar.

"Despois de meses de negociacións, máis de 15 reunións e oito ofertas á alza", a Xunta reafirmouse en que "o único punto que impide o acordo é a cuestión económica".

Aínda que rexeita a mediación, a Xunta manifestou que está disposta a explicar a súa proposta e o estado da negociación aos avogados galegos, e aos seus representantes no Consello da Avogacía, "como está a facer con toda a cidadanía". "Non hai que esquecer que estamos a falar de diñeiro de todos os galegos", recalca.

"QUE REFLEXIONEN"

A Xunta esgrimiu que "a única diferenza" ten un carácter "económico" e recalcou que os sindicatos "rexeitan unha subida do 14 por cento" (sumado o incremento autonómico coa subida pactada para todos os empregados públicos en Madrid), "unha cláusula que lles garante cobrar sempre por encima da media e un plan de recuperación do traballo para mitigar os danos e atrasos producidos nos xulgados".

Ademais, volveu a reprobar que na última reunión os sindicatos "endureceron as súas esixencias con novas reivindicacións que non expuxeran até entón".

"En lugar de mediación, o que fai falta é que reflexionen sobre a proposta da Xunta e pensen nos traballadores e nos cidadáns que sofren a folga", advirte o Executivo autonómico.

E é que, fronte á proposta da Xunta, o Executivo contrapón que os sindicatos "esixen unha suba que rolda o 20 por cento e que se lles devolva aos folguistas o diñeiro detraídos polos días de folga, entre outras cuestións que son inasumibles para as arcas públicas".

PROPOSTAS

Sen data para un novo encontro para tentar desatascar o conflito, após a última ruptura do diálogo e mentres a folga está a piques de cumprir dous meses, a Xunta mantén sobre a mesa unha proposta que se traduciría nunha subida salarial de 135 euros ao mes para forenses, 133 para xestores, 108 para tramitadores e 105 para corpos de auxilio.

O comité de folga, que representa a un colectivo duns 2.700 funcionarios, rebaixou a súa esixencia de 190 a 180 euros lineais para todos os corpos con efectividade en dúas anualidades. O primeiro ano percibiríase o 70 por cento (126 euros) e o segundo ano, o 30 por cento (54 euros). Piden tamén unha cláusula de revisión anual con índice corrector e un plan de recuperación do traballo perdido.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta