Destrúen un xacemento arqueolóxico do Rosal para extraer terra para obras nunha estrada

Axentes do Seprona investigan por un delito contra o patrimonio histórico a un veciño supostanmete responsable da "destrución" do xacemento da Mina das Medas, catalogado como BIC.

Por E.P. | VIGO | 05/04/2018 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

Axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Guardia Civil investigan por un delito contra o patrimonio histórico a un veciño do Rosal (Pontevedra) que supostamente foi o responsable da "destrución" do xacemento arqueolóxico da Mina das Medas, no mesmo municipio, para extraer terra para as obras dunha estrada.

Garda Civil no xacemento arqueolóxico da Mina das Medas
Garda Civil no xacemento arqueolóxico da Mina das Medas | Fonte: Europa Press

O Instituto Armado indicou que a investigación se puxo en marcha ao ter coñecemento dun movemento de terras nunha antiga mina aurífera. Así, unha patrulla do Seprona comprobou que se estaban a realizar traballos de escavación nesta zona para retirar terra e utilizala de recheo nas obras da estrada PO-353.

Os efectivos ratificaron que o xacemento afectado está catalogado como Ben de Interese Cultural (BIC) pola Xunta de Galicia, e pescudaron, ademais, que a escavación carecía da preceptiva licenza de obra para movemento de terras.

Por todo iso, notificouse ao responsable a súa condición de investigado por un delito contra o patrimonio histórico, e as dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Tui en funcións de garda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta