O “Manuel Padín” de Fariña, de xira por Galicia

Alberte Montes, o actor e humorista quirogués, que entrou na serie no capítulo cinco, trae estes días a Galicia o seu espectáculo de humor “Galego pode selo calquera”.

Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 12/04/2018 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Tras a presentación da personaxe no capítulo cinco de Fariña, onte xa tivo máis presenza Manuel Padín, papel que interpreta o versátil Alberte Montes. Contento co éxito da serie e co seu primeiro papel no audiovisual nunha serie de ámbito nacional coméntanos que xa tiña ganas, que aínda que explota moito a súa faceta de humorista foi interesante e moi enriquecedor encarnar ao arrepentido e “apurado” narcotraficante Padín.

Manuel Padín no capítulo 5
Manuel Padín no capítulo 5

Estes días está en Galicia co seu espectáculo de humor “Galego pode selo calquera” que o levará a distintos puntos da xeografía galega. Hoxe xoves estará no local Dejà Vu do Porriño, mañá venres no Meigallo de Sarria e o sábado en Compostela no “A Ras de Ras” en Salgueiriños.

A versatilidade de Alberte tamén fai posible que o poidamos ver cada luns na canle temática GOL no programa “Los lunes al Gol” con sección propia relacionada coas curiosidades da xornada e facendo reportaxes a nivel nacional. Segundo nos desvela tamén, esta escapada a Galicia propiciará unha interesante reportaxe relacionada co futbol… ata aquí nos pode contar, se queremos vela haberá que esperar ao vindeiro luns.

Alberte Montes. Fonte: Antena 3
Alberte Montes. Fonte: Antena 3
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 cesc

Caralludo

1 cesc

Caralludo