Ferido un operario após caerlle unha árbore encima na Baña (A Coruña)

Un operario foi evacuado este xoves a un centro hospitalario con lesións de diversa consideración após caerlle encima unha árbore mentres traballaba no lugar de Cantalarrana, no municipio da Baña (A Coruña).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2018 | Actualizada ás 13:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un operario foi evacuado este xoves a un centro hospitalario con lesións de diversa consideración após caerlle encima unha árbore mentres traballaba no lugar de Cantalarrana, no municipio da Baña (A Coruña).

Así o indicou o 112 Galicia, que relatou que o accidente se produciu pasadas as 11,00 horas deste xoves cando o traballador se viu sorprendido pola caída dunha árbore.

Urxencias Sanitarias enviou á zona o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, así como unha ambulancia asistencial e un médico.

Finalmente o home, A.H., de 46 anos, foi levado na ambulancia asistencial acompañado dun médico ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta