Miles de persoas en Vigo piden cambios na política económica do PP en dúas manifestacións separadas

UXT e CC.OO. convocaron por un lado e a CIG, polo outro. Entre os asistentes están os dirixentes do PSdeG Abel Caballero e Gonzalo Caballero e o líder de En Marea, Luís Villares, e a líder do BNG, Ana Pontón.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 01/05/2018 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

Miles de persoas percorren as rúas do centro de Vigo na manifestación principal convocada en Galicia por Comisións Obreiras e UXT baixo a lema 'Tempo de Gañar', por unha banda; e pola CIG, pola outra, baixo o lema "pola recuperación dos dereitos, contra a pobreza e a precariedade e por empregos, salarios e pensións dignas".

Manifestación convocada por UXT e CC.OO. en Vigo no 1 de maio
Manifestación convocada por UXT e CC.OO. en Vigo no 1 de maio | Fonte: CC.OO

As dúas marchas reclamaron unha reversión das políticas económicas do PP e unha maior distribución da riqueza, acorde coa recuperación económica. Na marcha da UXT e CC.OO. que saíu do cruce de Vía Norte e Urzáiz, participaron o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, entre outros, ademais dos secretarios xerales de UXT e CC.OO. en Galicia, José Antonio Gómez e Ramón Sarmiento.

Gómez chamou á mobilización para que este primeiro de maio sexa "un punto de inflexión" que cambie as políticas laborais e económicas, mentres que Sarmiento subliñou que "se dan as condicións para que a clase traballadora se movilice na rúa", porque non se está dando "un proceso de distribución da riqueza" pese ao crecemento económico.

CIG

Pola súa banda, o sindicato CIG presentará en próximos días o preaviso para convocar folga xeral o 19 de xuño, co fin de "avanzar un paso máis" na mobilización e "darlle a volta" á situación de precariedade e pobreza que viven os traballadores.

Así o anunciou, antes da manifestación convocada en Vigo con motivo do 1 de maio, o secretario xeral do sindicato, Paulo Carril, que apostou por "lanzar unha ofensiva" ante as políticas do PP que "cronifican" as desigualdades e a pobreza. Así mesmo, pediu a Comisións Obreiras e a UXT "que estean á altura" e sómense á convocatoria de folga, porque os sindicatos "deben dar exemplo" de rexeneración democrática.

A manifestación da CIG, na que participou o líder de En Marea, Luís Villares e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, saíu do cruzamento de Urzaiz e Gregorio Espino, e discorre polas rúas do centro de Vigo baixo a lema 'Pola recuperación dúas nosos dereitos".

Manifestación convocada pola CIG en Vigo no 1 de maio
Manifestación convocada pola CIG en Vigo no 1 de maio | Fonte: CIG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

3 Amoxegador

Este homem não acredita no princípio de autoorganização do povo galego.

2 Amoxegador

Villares com Comisiones Obreras e UGT. Prefire ir cós de fora e nom cós da casa. Quer dizer, nom só política senom sindicalmente vai co espanholismo. Claro, os pobres galegos nom podem valerse por si próprios. Pensam que a Galiza sem Espanha nom vai a ningures.

1 Bernal Calvo Delaciga

Villares será un trepa traidor ao espírito fundacional das marés pero o certo é que foi á mani da CIG coa súa trupé de chelitos e malvidos, que se moven moi ben por aí. Hai imaxes e todo. O trolls do BNG estades entre a mentira de Goebbels e a postverdade de Trump. Todo moi noxento, sodes Rexime. Seguide así, que ides moooooi ben.

2 Ana daslorbagasverdes

Deixádevos de lerias e traballade conxuntamente, claro está se ti non es un troll a sementar aínda máis desunión. Pola unión!

1 A Marea do Manzanares

Luis Villares facendo bulto con Comisiones Generales o sindicalismo vertical do réxime. Todo en orde ok