En Marea esixe á Xunta información sobre a situación de Abanca e os seus depósitos bancarios

Din que polo acontecido en Venezuela "o 40 por cento do aforro do país está sometido a un enorme risco e incerteza, tamén o financiamento de miles de empresas e de centos de miles de consumidores".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2018 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

O Grupo Parlamentario de En Marea rexistrou unha interpelación no Parlamento para que o Goberno galego traslade a "información" da que dispón ante a situación de Banesco en Venezuela e como podería afectar a Abanca.

Sucursal do banco Abanca
Sucursal do banco Abanca

En Marea quere saber, segundo informa nun comunicado, se foi informada "con antelación" dos movementos da dirección e como pode a situación "afectar os depósitos galegos e á súa seguridade", así como que pasos vai dar a Xunta "para defender o que queda do sector financeiro galego".

A xuízo de En Marea, os últimos acontecementos evidencian que a decisión de "pór en mans de capital estranxeiro a principal entidade financeira galega foi unha enorme irresponsabilidade". "Hoxe por decisións adoptadas lonxe do interese común dos galegos, o 40 por cento do aforro do país está sometido a un enorme risco e incerteza, tamén o financiamento de miles de empresas e de centos de miles de consumidores", alertou o deputado Manuel Lago.

"DIRECCIÓNS PERSONALISTAS"

Ao seu modo de ver, o negocio bancario en xeral e, en particular, Abanca, teñen "direccións personalistas" e, por tanto, sofren "con moita intensidade" calquera "cambio ou incerteza sobre a súa dirección". Por iso, En Marea considera "evidente" que Abanca "se resintirá", o que "afectará de forma intensa á economía", xa que a entidade ten "un papel central" na economía galega.

"Estes movementos, incluída a liquidación definitiva da marca Banco Pastor", advertiu que "poden anteceder a venda de Abanca a un dos grandes bancos e reforzan o proceso de oligopolio e exclusión financeira que vive Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 marea da comunista

como??? patochada grotescamente abracadabramente meus.... os da marea en vez de pedirlle o seu amigo MAODURO a situación que esta pasando na bancada venezolana, e a dolarización e a inflación desbocada que trouxo a marea, grazas as ideas propuestas desde a universidade "charlot" polo infefable expañolento monedeuros, van a pedirlle a información o tontaina do frijoles que deu en regalía o sistema bancario galego, todo destruido, a Expaña... non saben onde viven, non saben do comunismo acaso, non esta IU nesa banda... e despois Faimerrich facendose pasar por socialdemócrata, manda carallo!!!!

1 Adeus Frijol

Que atrevida es la ignorancia. Banesco Panamá recentemente multada por branqueo de capitais y Banesco España implicada en el xuízo contra la familia Ruiz Mateos. Menos fútbol y tuvegaita.

2 caca mamá

Adeus frijol, hai algún banco en Panamá que non branquee?

1 Gamela

para dirección personalista a de En Marea (Villares & López Rico) http://www.galiciaconfidencial.com/...