O Congreso comeza a investigar que pasou para que Caixa Galicia e Caixanova acabaran rescatadas

O ex presidente de de Novacaixagalicia, Julio Fernańdez Gayoso, será un dos principais dirixentes bancarios en comparecer.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 06/05/2018 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

A comisión que investiga no Congreso a crise financeira abordará este martes a fusión de Caixa Galicia e Caixanova e o seu posterior rescate nunha sesión na que comparecerá o expresidente de Novacaixagalicia, Julio Fernández Gayoso.

Ademais, a sesión do martes será a primeira na que un representante de firmas auditoras compareza ante esta comisión. Farao Francisco Gibert, consultor de KPMG, compañía encargada de elaborar o informe que avalou a fusión de Caixa Galicia e Caixanova.

A comisión que investiga o rescate bancario e a quebra das caixas de aforro abordará a situación das caixas galegas fusionadas a finais de 2010 e que, após a súa conversión en banco, tivo que ser rescatada polo FROB menos dun ano despois do seu nacemento.

RESCATE

Gibert foi chamado a comparecer en relación co informe encargado a KPMG para avaliar a viabilidade dunha posible fusión entre Caixa Galicia e Caixanova, nunha sesión na que se analizará a constitución e posterior rescate da entidade galega. Así, despois de Gibert, que renderá explicacións a partir das 9.30 horas, ofrecerá explicacións o expresidente de Novacaixa Galicia Julio Fernández Gayoso, a partir das 12 horas.

Ademais, tamén está previsto que comparezan este mércores, a partir das 16 horas, o conselleiro delegado de Liberbank, Manuel Menéndez Menéndez, e o que fora conselleiro de Economía e Facenda da Generalitat Valenciana Gerardo Camps, agora deputado do PP no Congreso.

Julio Fernández Gayoso
Julio Fernández Gayoso

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Arturo

As caixas de aforro desapareceron prácticamente todas, convertéronse en bancos. Non pasou so en Galicia, increíblemente. E, tamén increíblemente, a culpa, coma noutros sitios, a tivo o excesivo peso de créditos inmobiliarios imposibles de cobrar

4 Minhamamainhadoceo

Buf! Pois si que teñen traballo para saber o que pasou coas caixas. É tan difícil como saber quen é M (punto) Rajoy nos papeis de Bárcenas.

3 celia

Alguén terá que explicar porque as caoxas públicas galegas, creadas cos aforros dos nosos emigrantes e as pensións dos nosos maiores, xa non son caixas nin galegas. Alguén terá que explicar porque estes cartos acabaron en mans dun banco venezolano.

2 mafis

os microcreditos que se concedeu garcia costa seran investigados

1 Don Pimpón

Qué axilidade !! Estaban esperando a que calquera posible delicto prescribira?