A obra de Castelao une en Lisboa a Galicia e Portugal

Este sábado abre a Biblioteca Daniel Castelao, un proxecto no que colaboran 16 entidades, como a Associaçom José Afonso, o Concello de Rianxo, o Consistorio de Santiago, a Deputación da Coruña ou a Fundación Daniel Castelao.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2018 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

A sede en Lisboa da Associaçom José Afonso inaugurará este sábado, día 19 de maio, a Biblioteca Daniel Castelao, un "pequeno espazo" que contará con case 500 obras en galego e que reflectirá "a unidade" entre Galicia e Portugal.

Presentación en Santiago da Biblioteca Daniel Castelao de Lisboa
Presentación en Santiago da Biblioteca Daniel Castelao de Lisboa | Fonte: Europa Press

Así o explicaron este luns o responsable en Galicia da Associaçom José Afonso, Xulio Villaverde e o alcalde de Rianxo (A Coruña), Alfonso Muíños, pois este é o municipio de procedencia do histórico escritor galego Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Así, o primeiro edil valorou que se trata dun "proxecto pequeno" pero que conta "cun enorme cariño" por parte do Concello de Rianxo --entidade colaboradora-- e que busca ser "unha embaixada da cultura, a música, as letras e a literatura" portuguesas e galegas.

E é que, segundo unha idea que expresaba Castelao á que se referiu Muíños, "o río Miño non só separa senón que tamén une" ambos os territorios. Villaverde, pola súa parte, destacou que colaboran no proxecto outras 14 entidades como o Consistorio de Santiago, a Deputación da Coruña e a Fundación Daniel Castelao, entre outras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Rianxeiro

Parece que hai máis respecto pola nosa cultura e lingua no País veciño que no noso