Ferido grave un operario ao caer do tellado dunha nave no polígono da Grela, na Coruña

Un operario resultou ferido grave ao caer desde un tellado, no que realizaba traballos de supervisión, ao interior dunha nave do polígono da Grela, na Coruña, segundo informou a Europa Press o servizo de emerxencias 112.

A CORUÑA | 23/05/2018 | Actualizada ás 18:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un operario resultou ferido grave ao caer desde un tellado, no que realizaba traballos de supervisión, ao interior dunha nave do polígono da Grela, na Coruña, segundo informou a Europa Press o servizo de emerxencias 112.

Sobre as 16,20 horas, un particular deu o aviso do accidente laboral, ocorrido nunha nave da rúa Ermida, na Coruña, e que se produciu cando o operario supervisaba unhas placas solares do tellado.

Desde o 112 explicaron que cedeu o tellado e o home caeu ao interior da nave. Fontes consultadas por Europa Press apuntaron que caeu por unha claraboia, a un cinco metros de altura.

Ao lugar trasladáronse efectivos do Corpo Nacional de Policía e de Urxencias Sanitarias. O home, de 35 anos, foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) en estado grave.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta