Josep Ramoneda: "A esquerda vive un momento de desconcerto ideolóxico"

O xornalista e filósofo impartiu este martes unha conferencia sobre o Maio do 68 coa que quixo mostrar que aquel momento histórico non se viviu só en Francia. Para Ramoneda, o movemento de finais dos sesenta foi unha fenda de ruptura entre dúas maneiras xeracionais de ver certos comportamentos sociais e individuais.

Por Moncho Mariño | Santiago | 29/05/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Hai dez anos  nun artigo no diario El País vostede   apuntaba que a dereita era beneficiaria  do 68. Aínda que nese mesmo artigo vostede dicía que Sarkozy quería soterrar o 69
É algo máis complicado que esa frase.  Primeiro que Sarkozy errou de inimigo, porque hai un grande número de franceses e francesas que pensan que o 68 deixou cousas positivas. Pero aparte deste punto,  a cuestión é outra. Os movementos do 68  en xeral,  non só o de Francia, puxo punto e final ou abriu unha fenda na cultura dominante durante a posguerra tanto no mundo Occidental coma no mundo comunista. Foi un movemento moito máis de consecuencias culturais que políticas. Fundamentalmente en tres sentidos. Afectou  a tres elementos clave de calquera circunstancia política.  Primeiro a familia, logo a universidade  e despois os medios de comunicación.

Josep Ramoneda
Josep Ramoneda

E que acontece entón?
Pois a apertura dunha separación  ou ruptura moi importante  nestes tres  ámbitos. Isto marca o comezo dunha época  igual que está abrindo agora outra marca e o inicio do outro momento histórico. A época que abriu daquela  está pechando agora mesmo. Neste cambio de época aconteceu algo que poderiamos chamar Un tanto paradoxal.  Os resultados non son sempre os que esperamos. Ás veces a historia dá resultados que non  son os esperados. Son pois distintos e pola vía que abren as mobilizacións do 68,  que insisto,  son mobilizacións máis culturais  e de costumes que  políticas,  nunca  houbo  un plan de asalto ao poder,  por esa fenda entrou a transición o modelo neoliberal que vivimos agora.

"Ese movemento afectou á familia, á universidade e aos medios de comunicación"

Ese modelo é o que vive agora mesmo.
Ese modelo é o que  caeu   coa crise de 2008. Por tanto de 1968  ata 2008 ese é o percorrido.

E a esquerda como quedou despois do 68?
Pois en relación ao maio do 68,  a esquerda vive un desconcerto dun período ideolóxico que lle foi á contra. Ese período desarticulou todos os valores principais que xiraban arredor do estado do benestar e á cultura da igualdade. Vivimos nun tempo novo con cambios nas relacións de poder, da globalización e da era dixital. Unha era en  que a esquerda non ten unha posición nin un discurso. Por iso a esquerda europea vive tempos transparencia poderiamos dicir.

Daniel Cohn-Bendit está gravando un documentario sobre a Francia de Macrón, parece que cansou do maio do 68.
Home,  vivir daquel cliché  debe ser abondo pesado. Á parte, o  38%  da mocidade  entre 18 e 35 anos di que nunca oíu falar do maio do 68.  Isto é,   non e unha cousa moi presente nas mentalidades actuais. Isto non quita que o 68 sexa unha caste de arqueoloxía do presente. As cousas que hoxe vemos como normais daquela non era tal na súa orixe  alí  en Francia. Houbo unha  liberalización  nos costumes,  na liberdade sexual e no feminismo. Pois o feminismo naquela altura pintaba pouco, pero pola vía do 68 acaba expandíndose.

"A esquerda vive unha era na que non ten unha posición nin un discurso"

O bloque comunista tamén viviu o seu 68.
Si, si, eu sempre dixen que o 68 foi un movemento contra os sistemas de dominación cultural e moral en occidente coma nos países do bloque comunista. Coa excepción de Checoslovaquia,  que foi un movemento distinto,  nos demais países comunistas foi a mocidade a que desencadea una serie de movementos  como consecuencia da evolución demográfica. Esa mocidade  convértese en suxeito político porque existe.  Antes  a mocidade non existía,  para sabas da infancia directamente á idade adulta. Cando a esperanza de vida aumenta,  a mocidade toma forma e aparece como suxeito político. Ese suxeito político é o que inicia todas as revoltas tanto en occidente coma no Leste. O inicio foi a prohibición dunha obra de teatro.

Foi este o primeiro movemento social globalizado?
Non, non. Primeiro hai un ano e revolucións  globais no ano 1848, pero si que é o primeiro momento no que hai unhas revoltas,  non revolucións  insisto, Porque o poder non está perto  nin hai un intento de tomar o poder,  non está nos obxectivos.  Pero si é  un movemento global como non se vira antes, agás no ano  1848 e daquela tiña carácter revolucionario. Non hai que reducir todo a una ilusión,  reducilo todo a maio do 68, Porque ese ano e os anos 60 en xeral,  son Estados Unidos,  África,  América Latina e outros lugares.

"Daquela a mocidade converteuse nun corpo político"

Perdura algo daquilo a día de hoxe?
Eu insisto que hai unha certa arqueoloxía do presente,  que moitos dos movementos actuais que hoxe vemos como normais,  naceron naquel momento. Claramente o 68 fracasa politicamente pero triunfa culturalmente e sobre todo no que toca aos dereitos persoais.

O 15 M, as protestas dos xubilados etc., son fillos, netos do 68.
Non,  é outra cousa.  O único que teñen en común é que asistimos ao final doutro ciclo esgotado. O ciclo neoliberal. Cando isto se derrumba, aparecen unha serie de acontecementos arredor do mundo que expresan este malestar este rebordamento, con tramas Siryza, o Brexit, do separatismo catalán a Podemos, etc. Todo isto sendo dúas cousas moi distintas teñen unha mesma orixe na crise de gobernanza das sociedades democráticas nos últimos 30 anos  que estrelan  coa crise do 2008. Isto sinala que entramos nunha  nova época que aínda non somos capaces de definir. Pero á parte disto,  non ten nada en común Co maio do 68.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Iñaki Rabilongo

Pasou tanto tempo en PRISA que debe ser unha autoridade na materia.

3 panxho

Cal esquerda? A do Goberno do bipartito que usaban o seu coche particular para vir a a traballar , ou pagaban as comidas do seu peto, por favor onde se ve agora iso.... NOn hai 50 euros para funcionarios e si 17 millons para o Gaiás...que pagamos todos.... E namentras pinos nos camiños que impiden os desbroces tan cacarexados e son unha trampa para os antiincincendiarios

2 Espazos e signos

Eu na última conferencia de Ramoneda vino tan perdido, tan perdido, que levei as mans á cabeza.

1 Gamela

E non será simplemente que esa "esquerda" leva 50 anos VENDIDA ao capitalismo de salón? https://i.gal/gamela05