Comparte esta noticia

"O presidente seguro que sabe o que ten que facer e seguro que o fará, creo que o presidente do Goberno é presidente do Goberno". Era a última referencia pública que facía Alberto Núñez Feijóo este xoves durante o debate da moción de censura contra o goberno de Rajoy. Unha moción promovida polo PSOE de Pedro Sánchez que, tras o si do PNV, pode saír adiante. Pode, porque diso depende o que faga Rajoy.

Feijóo canda Rajoy no acto de aniverasario da Constitución no Congreso
Feijóo canda Rajoy no acto de aniverasario da Constitución no Congreso

E o que faga Rajoy tamén afectará a Galicia porque esa decisión terá un impacto no PPdeG, no seu líder, Alberto Núñez Feijóo e, polo tanto, na Xunta de Galicia. De feito, hai tal tensión dentro desta formación que os seus dirixentes aseguran que o Partido Popular pode saír moi mal parado sexa cal sexa a decisión que elixa o presidente español.

Se decide resistir e non dimitir, o PP perderá todo o seu poder institucional, ese que agora o mantén con respiración asistida. Se decide dimitir, o problema será a xestión da súa saída; quen será o futuro ou futura líder do partido e como será o seu encaixa na complicada caixa de poderes na que se converteu esta formación.

E esta desestabilización do PP tamén chegou a Galicia. Abertas xa as frontes internas e os dardos envelenados, Feijóo viuse no medio dos dimes e diretes do seu partido. Tal é a intensidade da batalla interna do PPdeG que o situaron como instigador dunha rebelión contra o seu propio líder. “Eu non son Xudas”, dicía o mércores o presidente, como adiantandose xa a unha operación política que xa circulaba dentro do seu partido.

MANOBRAS NA SOMBRA DE FEIJÓO?

Esa información é falsa desde a A ata a Z. Nunca se me ocurría facer iso e quen escribiu iso é todo mentira ou a persoa que di falar no meu nome minte. É unha infamia”. Así respondía o presidente da Xunta, ao ser preguntado por esta suposta operación.

Rajoy e Feijóo nunha xuntanza institucional
Rajoy e Feijóo nunha xuntanza institucional | Fonte: eldiario.es

Con todo, non se manifestaba sobre a continuidade ou non de Rajoy ao fronte do seu partido, a pesar de ser preguntado en varias ocasións na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.   "Con independencia do poder, o importante é a coherencia política, e a tranquilidade de actuacións e decisións", engadía. De feito, xa noutro acto, xa na tarde do xoves, cando xa se sabía que o PNV apoiaría a moción de Pedro Sánchez, insistía en non mollarse sobre o futuro do seu aínda líder.

"Deixemos que os deputados e as deputadas do Congreso decidan o que consideren oportuno porque teñen unha enorme responsabilidade con todos os cidadáns e serán eles os que tomen a decisión do futuro e a gobernabilidade de España”, limiatabase a responder.

Tampouco se quería mollar o vicepresidente da Xunta e presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, que sinalaba que Mariano Rajoy "sabe perfectamente o que ten que facer" sobre o seu futuro político após a votación da moción de censura. "Hai que falar do día a día e a realidade, e Mariano Rajoy é o presidente do Goberno porque gañou as eleccións", afirmaba Rueda, en declaracións aos medios de comunicación previas ao comité executivo provincial do PP de Pontevedra.

OPOSICIÓN

Esta indefinición está provocando que tamén a oposición en Galicia a utilice como arma política. De feito, os distintos dirixentes así o foron apuntando ao longo deste martes. O portavoz de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, defendía este xoves o voto a favor do grupo nesta moción de censura para "botar a un Goberno sentenciado por corrupción".

"O noso respaldo total á moción de censura porque entendemos que é de obrigada razón cívico-política levar a cabo un exercicio de rexeneración democrática. Non se pode soster por máis tempo un partido no Goberno que foi sentenciado por corrupción, por financiamento ilegal", incidía e lamentaba que "non existen novos proxectos para Galicia" e que "Rajoy e o PP mostraron o seu nulo compromiso" tamén cos sectores produtivos galegos.

Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, consideraba necesario que o Partido Popular asuma "que ten unha sentenza gravísima" e que "o seu proxecto é agónico con Rajoy á fronte".

"Cremos que é importante que este país teña a oportunidade de retirar a corrupción do Goberno, de abrir un novo tempo político e, a partir de aí, de buscar fórmulas que permitan alcanzar unha certa estabilidade gobernamental para posibilitar un escenario que, nos próximos meses, acabe levando a unhas eleccións", sinalaba.

Tamén o BNG aplaudiu o "éxito" da moción de censura presentada polo PSOE porque permite desaloxar do Goberno do Estado a un Partido Popular condenado por corrupción e retirar a Presidencia a un xefe do Executivo que "mentiu" ante a xustiza.

"Saudamos que finalmente saia adiante a moción de censura contra a corrupción do PP", recalcou a portavoz nacional, Ana Pontón, quen nunha primeira valoración destacou o papel decisivo das forzas nacionalistas e soberanistas".

Feijóo en 2006 canda Rajoy no congreso que o elixiu sucesor de Fraga (no centro)
Feijóo en 2006 canda Rajoy no congreso que o elixiu sucesor de Fraga (no centro) | Fonte: elplural
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

6 antigaliciaconfidencial

Si si. Na próximas eleccións Feijóo vai perder. Vai putaa merdaa de artigo.

5 anonimo

Despois da sentencia da Audiencia Nacional, o PP non esta moral nin poklíticamente lexitimado para gobernar, nin en Masdrid nin en Galicia.

4 Breoghain

O amigo de Marcial não che tem muito boa e limpa trajetória. Poderiam tumba-lo em qualquer momento.

3 galegoexiliado

Hoxe comeza o fin do mundo, o apocalisis, a noite negra. E so un Mesías poderá salvar á humanidade e a España do caos e a anarquía social comunista bolivariana: JIMENEZ LOSANTOS presidente, presidente.

2 panxho

Feijoo políticamente está morto . Unha vida chea de mentiras e políticamente amortizado....

1 folloneiro

Ao contrario que o líder da oposición, ao que non lle fan caso nin os seus deputados de Carglass