A Xunta segue sufragando con centos de miles de euros os grandes medios galegos

Medio Rural destina preto de 313.000 euros a un suplemento propagandístico, mentres que a Consellería de Presidencia subvencionará aos grandes xornais coa mesma cantidade para "difusión de actividades" dese departamento. La Voz de Galicia recibirá a metade deste diñeiro público. A Xunta aumentou este ano a máis de oito millóns os cartos para promocionar o turismo nos medios.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/06/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Máis diñeiro da Xunta para os grandes medios. Desta volta, case 630.000 euros de dúas consellerías; a da Presidencia e a do Medio Rural para. Un diñeiro que, coma en anteriores ocasións vai camuflado, no primeiro caso en convenios para "difusión de actividades" dese departamento "de interese para a cidadanía", e no segundo para a elaboración, maquetación, publicación e divulgación dun suplemento de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia.

Viñeta de López - Subvencións a medios
Viñeta de López - Subvencións a medios

Destas axudas, o medio máis beneficiado é, coma sempre, La Voz de Galicia. Así, no caso das axudas da Presidencia, este medio recibirá o 48% do total dos cartos (149.899,12€), en segundo lugar co 20% (63.316,93 €) atópase Faro de Vigo, S.A.U. e despois,  cun 8% (25.765,76€) do total, está El Progreso de Lugo, S.L.

Estes convenios aínda que legais son dados a dedo. No proceso non existe ningún tipo de criteiro e a Xunta paga porque cada xornal publique aquilo que o departamento queira, o cal semella máis ben un contrato de publicidade en toda regra. "Nosoutros cremos que sería de máis interese para a cidadanía no global da Xunta que cubrirán as baixas nos centros de saúde ou destinaran máis prazas nas residencias de persoas maiores, por exemplo. E por suposto sería de maior beneficio para a liberdade de prensa", din desde CiG-Autonómica.

No caso dos convenios con Medio Rural, a situación e case idéntica ás axudas da Presidencia. La Voz de Galicia leva 150.00 euros, case a metade do total desta nova subvención directa por parte da Xunta aos medios tradicionais. Séguelle o Faro de Vigo, coa metade, 64.000 euros. Tamén, e a pesar da súa delicada situación económica –con ata seis salarios sen pagar-- recibe máis de 18.000 euros Editorial Compostela, editora do xornal El Correo Gallego. 

Outros xornais que tamén reciben son Diario de Pontevedra con 8.501,78 euros e El Progreso, con 25.765,76 euros do Grupo El Progreso; Ideal Gallego con 4.921,43 euros, Diario de Arousa con 2.840,20 euros, Diario de Ferrol con 4.963,36, todos do Grupo La Capital; La Región, con 21.454,40 euros e Atlántico Diario, con 3.327,99 euros, do mesmo grupo; e La Opinión de A Coruña, con 9.736,17 euros.

Este diñeiro súmase aos 8,2 millóns de euros que a Xunta destinará para promocionar o turismo nos medios de comunicación, un incremento de dous millóns de euros con respecto a 2017 e os case medio millón de euros destinados nunha campaña de difusión e divulgación social en materia de paisaxe en Galicia.

A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos
A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos

REPARTOS HABITUAIS DE CARTOS PÚBLICOS

De feito, o funil da Xunta de Galicia para encher con cartos públicos os grandes medios de comunicación non para. E cada ano aumenta a ritmos que non se corresponden cos aumentos de partidas destinadas á sanidade, educación ou servizos sociais públicos. O pasado ano o total de diñeiro que a Xunta puido destinar aos medios superou os 15 millóns de euros segundo cálculos deste medio que poderían, mesmo chegar aos 20 millóns ao non contabilizarse todos os convenios subscritos polas distintas consellerías.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Gallego

Básicamente el problema es que no os dieron nada, no?

1 Hispano

Nom, o problema é que o PP fede, e precisa todo tipo de perfumes jornalísticos. E esses perfumes pagam-se com dinheiros públicos.

2 Vijo

Claro, cando o BNG gobernaba non había pasta para os amiguetes, a-ha,a-ha,a-ha.

3 Galego

Básicamente que non tiñan que darlle nada a ningún, que o inviertan no rural que compre moito

2 Egipcios

Resulta que el libro gallego no se puede subvencionar y la coz si claro el psnfleto dice mentiras que bebefician al pp

1 Polito

Seis salarios que debe El Correo Gallego? Informovos de primeira man que xa son NOVE.