Varias entidades pídenlle a Feijóo que cumpra os seus compromisos coa lusofonía

AGLP, AGAL, AEG e a Fundaçom Meendinho pídenlle ao Goberno Galego que faga efectivo o cumprimento da Lei Paz- Andrade.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/06/2018 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

A Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP), a Associaçom Galega da Língua (AGAL), a Associaçom de Estudos Galegos (AEG) e a Fundaçom Meendinho envían unha carta ao Presidente Núñez Feijóo na que comunican o seu malestar polo nulo desenvolvemento xurídico da lei Paz-Andrade. Na misiva, estas entidades sinalan que se rexistra un nivel de aplicación ínfimo e testemuñal que non vai máis alá de medidas provisionais e parciais, carentes de orzamento e continuidade

Estudantes nunha clase de portugués
Estudantes nunha clase de portugués | Fonte: blog.esl-idiomas.com

Na carta, as entidades lembran que a Lei 1/2014 de 24 de marzo, «Para o Aproveitamento da Lingua Portuguesa e Vínculos coa Lusofonia», ou Lei «Paz-Andrade» foi aprobada por unanimidade dos deputados/as e calificada como "realista e aplicável" polo Deputado do PP Agustín Baamonde. Por outra banda, a misiva tamén fai referencia a que se trata dun texto legal de iniciativa popular asinada por máis 17000 cidadáns: "Uma lei que foi publicada no Boletín Oficial del Estado espanhol sem que o Governo de Madrid tenha apresentado qualquer inconveniente".

Ditas entidades consideran difícilmente aceptable que o Goberno Galego se presente públicamente como o maior defensor da lusofonía en Galicia "enquanto os departamentos de cultura e política linguística continuam a ignorar patentemente as entidades culturais galegas que, de longa data e com os seus próprios recursos, mantêm atividades a favor da unidade da língua e de aproximação cultural em relação ao conjunto dos países do espaço lusófono". Así como tamén reclaman que Feijóo non atopara un oco na súa axenda para reunirse con eles.

PRECARIEDADE NO ENSINO DO PORTUGUÉS

Na misiva tamén se fai referencia á precariedade dos docentes e do propio ensino do portugués e consideran razoable que se tivese creado, polo menos, novas prazas para profesores de lingua portuguesa no sistema de ensino público. "É de conhecimento público que todo o esforço em prol do ensino da língua portuguesa na Galiza continua a ser feito polos pais de alunos, os professores, que voluntariamente se oferecem para ministrar língua portuguesa, e as entidades lusófonas galegas, com meios próprios", apunta a carta.

Bandeira de Portugal
Bandeira de Portugal | Fonte: jornaldominho.pt

RELACIÓNS INTERNACIONAIS DEFICIENTES

No sentido contrario, as entidades recoñecen que sí se rexistran casos positivos na Televisión de Galiza xa que, aínda que esporádicas, existen iniciativas de valor. En canto a relacións internacionais, sinalan que as medidas que se levaron ademáis de non ser suficientes non son máis que declaracións de intencións sen carácter executorio. Así, lembran que sería convinte unha viraxe no rumbo nas relacións exteriores, xa que beneficiaría a todas as partes implicadas.












Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta