LUGO | 05/06/2018 | Actualizada ás 13:50 por EUROPA PRESS
Un traballador foi evacuado a un centro sanitario após ser golpeado por unha vaca nunha explotación gandeira na mañá deste martes no termo municipal de Samos (Lugo).
Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 10,30 horas deste martes un particular solicitou ao servizo de emerxencias asistencia sanitaria para un traballador que fora a golpeado por unha vaca.
En concreto, os feitos ocorreron nunha explotación gandeira situada en Vilachán, na localidade lucense de Samos, onde o operario realizaba o seu traballo.
Após recibir o aviso, requiriuse por parte do 112 Galicia a intervención dos servizos sanitarios de urxencia do 061 e de axentes da Guardia Civil.
Deste xeito, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial que levou ao traballador ferido ao Hospital Nosa Señora dos Ollos Grandes, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.