O popular lucense José Manuel Balseiro asegura que a Feijóo "lle sobran calidades" para liderar o PP nacional

O delegado da Xunta de Galicia en Lugo, o popular José Manuel Balseiro, destacou este mércores que ao presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, "sóbranlle calidades" para liderar o PP nacional despois da dimisión de Mariano Rajoy.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2018 | Actualizada ás 17:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O delegado da Xunta de Galicia en Lugo, o popular José Manuel Balseiro, destacou este mércores que ao presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, "sóbranlle calidades" para liderar o PP nacional despois da dimisión de Mariano Rajoy.

Con todo, o político lucense recoñeceu que quen "ten que decidir é o presidente de todos os galegos". "O que decida el todo o mundo o vai a respectar. Calidades sóbranlle e, como lle sobran calidades, el é o que ten que decidir", insistiu.

Na súa intervención, Balseiro aproveitou para "agradecer" o "traballo que fixo o presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy". "Creo que fixo un gran traballo nun momento moi difícil deste país e creo que as palabras que dicía no congreso o último día o reflicten porque é así", apuntou.

Neste sentido, o popular asegurou que Rajoy "deixa un país moito mellor do que colleu", o que, na súa opinión, "xa reflicte o bo traballo que fixo".

Á súa vez, cargou contra o Partido Socialista que accede á Presidencia do Goberno no momento no que ten a menor representación da súa historia. "O xogo da política é así e os españois terán que tomar nota", resolveu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta