O futbol está de loito na Costa da Morte

Un accidente de coche volve deixar un morto e tres feridos graves durante a fin de semana. As vítimas eran rapaces novos moi coñecidos en Muros e Carnota xa que eran futbolistas do Louro e do Lira.

Por Ubaldo Cerqueiro | Carnota | 22/03/2011 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

A pasada fin de semana pasada será lembrada polo sur da bisbarra como negra. Un novo accidente de tráfico ten aos concellos de Muros e Carnota en vilo. 4 rapaces da zona sufría un forte accidente arredor das 7:00h da madrugada do sábado ao domingo, e as consecuencias xa son terribles, devolvendo as pantasmas que hai dous anos levaran a dous mozos muradáns. O accidente tivo lugar na AC-550 entre Baño e Abelleira.

None

Dani, ex xogador do Louro e máis coñecido como Patorro, perdía a vida na tarde de onte por mor das feridas. O rapaz, natural de Abelleira, non puido superar as hemorraxias.

Situación complicada

A situación segue complicada para outros tres rapaces de Abelleira, Pepiño, Juan e Alex, os dous primeiros xogadores do Lira. Alex atópase bantante recuperado pero o pronóstico dos Pepiño e Álex, ambos de 21 anos, é reservado. A Pepiño, que segue inmobilizado, extirpáronlle o bazo pero parece fóra de perigo. Juan, de 23 anos, atópase nunha situación máis complicada. Xa foi operado en dúas ocasións e ten un forte traumatismo craneal.

Un quinto pasaxeiro do coche siniestrado, e non relacionado co mundo do fútbol, atópase en mellor estado.

A día de hoxe, toda a Costa está volcada para animar aos feridos e ás súas familias. E… a todo isto, onde está o Noitebús?. Máis en quepasanacosta.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta