Carballo, Ribeira e A Estrada, onde a lingua galega rexurdiu

Un rexistrador da propiedade chamado Xoán Manuel Pintos metido a combativo poeta escribíu, “ A gaita gallega”, o libro máis reivindicativo da lingua galega a mediados do século XIX. Entre verso e verso denunciou a marxinación da lingua galega dos documentos públicos.

Por Xosé Glez. | Redondela | 22/06/2018

Comparte esta noticia
É verdade, dicía, que hoxe non usan o noso idioma galego para leis nin escrituras; nin poñen declaración nin estenden testamentos.  Unha descrición exacta do que veu acontecendo nos séculos precedentes desde que se prohibirá  no século XVI o seu uso nas oficinas xudiciais. Para máis concreción: o derradeiro instrumento xurídico redatado en galego foi en 1532 referido a un foro do mosteiro de San Clodio.
 
Mais como non hai mal que cen anos dure, todo aquilo que é inxusto, o tempo corrixeu a proscrición do noso idioma nas instancias xudiciais.  Pintos xa  preconizaba  entón que : “Poida que non tarde muito/En andar o idioma impreso/E que se lle suba  ás barbas/ A outros que andan moi tesos”. 
 
A Irmandade Xurídica Galega puxo en pé, con moito esforzo e toda a intelixencia que o proxecto precisa, unha  estratexia eficaz para incorporar a lingua galega nos usos xurídicos. A “Declaración de Rois”, asinada por unha vintena de cualificados xuristas en 1987. Dous precedentes significativo e determinantes animaron o comezo do proceso: a publicación en galego do Diario Oficial de Galicia en 1984, iniciativa proposta á Xunta de Galicia pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e a primeira sentenza ditada en lingua pola Audiecia Territorial de A Coruña a instancias do servizo de normalización do Concello de Redondela en 1985.
 
A publicación das e dicións en galego dos códigos penal e civil e doutras leis puxeron enriba das mesas de traballo  do funcionariado medios para sortearen as dificultades do uso correcto da nosa lingua nos procedementos procesuais. A maiores, a publicación no noso idioma do Formulario Notarial da autoría do notario Victorino Gutiérrez Aller e o diccionario xurídico galego  tamén foron decisivos no proceso regaleguizador.
 
En nada colaboraron as catro facultades de dereitos das universidade galegas para  formaren  aos futuros profesionais do dereito na galeguidade xurídica. É certo que cada vez hai máis profesores que imparten docencia no noso idioma; pero non os suficientes.
 
Malia esa circunstancia o proceso regaleguizador está en marcha incorporándose a el novos xuíces e fiscais e moitos operadores xurídicos que realizan as súas actividades profesionais con total naturalidade, sen conflitos por mor diso. Máis de trescentos membros da Irmandade Xurídica Galega –xuíces, fiscais, avogados, procuradores.- dinamizan a normalización da lingua galega nun ámbito no que aínda hai moitas reticencias ao seu uso.
 
Nas próximas semanas a Irmandade Xurídica Galega, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e Dirección Xeral de Xustiza, ten convocados actos  en  Ribeira (día 29 de xuño) , A Estrada (5 de xullo) e Carballo (12 de xullo) para homenaxear ás maxistradas  Ana López-Suevos, María Isabel Suárez García, Carme Pose  Amado e o maxistrado Fernando Fernández Leiceaga, autores das primeiras sentenzas en lingua galega en cadanseu xulgado.
 
É de xustiza lembralos. Porque como dixera Xoán Manuel Pintos:”Quen nunca pan colleu nin colleu viño/Se alguén llo dá sen dor todo sachado/Parez que xa é del todo o camiño”.
A estes actos están convidados os alcaldes dos concellos dos partidos  xudiciais respectivos para asinnren unha declaración de compromiso coa lingua galega nas actividades xurídicas das súas administracions.

Campaña 'Gústame o galego', da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua / ghafos.blogspot.com.
Campaña 'Gústame o galego', da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua / ghafos.blogspot.com.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé González Martínez Presidente do Foro E. Peinador e da Fundación Lois Peña Novo, secretario da Asociación de Funcionarios para Normalización Lingüística, da Irmandade Xurídica Galega e Asociación de Amigos do Couto Mixto.