O Sergas atenderá a máis de douscentos nenos saharauís este verán

O Servizo Galego de Saúde) dará cobertura asistencial a nenos saharauís que participan no programa 'Vacacións en Paz 2018', organizado en Galicia pola Asociación Solidariedade galega co pobo saharauí (Sogaps). O programa comeza este venres 29 de xuño.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2018 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

Para iso, tal e como informou a Xunta nun comunicado, este martes o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, fixo entrega á presidenta de Sogaps, Maite Isla, dos documentos acreditativos que garanten a asistencia sanitaria durante as vacacións de verán a estes nenos.

Cesión dos documentos acreditativos da asistencia sanitaria aos nenos.
Cesión dos documentos acreditativos da asistencia sanitaria aos nenos. | Fonte: Europa Press

Así, explicou que a colaboración establecida entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Solidariedade galega co pobo saharauí inclúe a atención primaria, a atención especializada e as prestacións farmacéuticas. En concreto, o Goberno galego sinalou que a cobertura sanitaria inclúe a atención nas consultas, servizos e centros de saúde, así como a indicación ou prescrición e a realización de probas e medios diagnósticos.

Ás anteriores coberturas engádense as actividades programadas en materia sanitaria, como a vacinación, exames de saúde e outras medidas de prevención, promoción e rehabilitación, ademais de programas de atención á infancia e urxencias.

Polo que respecta á atención especializada, a Xunta indicou que se inclúe a asistencia ambulatoria en consultas, que pode abarcar procedementos cirúrxicos menores; no hospital de día, que afecta á asistencia médica, cirúrxica e pediátrica para procesos agudos, a reagudización de procesos crónicos ou a realización de tratamentos diagnósticos; e en réxime de hospitalización.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta