Como son as noites de festa en familia: Baile, música e amigos

O concello coruñés de Lousame reuniu por primeira vez neste verán á 'Familia Combo' ao completo. Familiares, amigos e veciños de Bertamiráns, xunto aos integrantes do grupo Nueva Fuerza bailaron ao 'dediño' as coreografías de El Combo Dominicano nunha noite pensada por e para o disfrute do público.

Por Ángela Precedo | Lousame, A Coruña | 30/06/2018 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Lousame celebrou este mércores 27 de xuño unha desas noites de verán que no mundo da verbena se coñece como: noite de festa en familia. Nestas xornadas, a formación que actúa soe ter entre o público a amigos cantantes doutras orquestras que, para todos os seguidores do mundo da verbena, é sabido que se levan ben por novas que van vendo nas súas redes sociais ou por ser ex compañeiros nunha antiga formación. E nesta ocasión, o espectáculo correu a cargo de El Combo Dominicano.

Davinia Fleitas sobre o escenario de El Combo Dominicano en Lousame.
Davinia Fleitas sobre o escenario de El Combo Dominicano en Lousame.

E é que pese a tratarse dun día de entresemana e haber menos xente a medida que avanzaba a noite, a que quedaba era na súa maior parte coñecida da propia orquestra. Deste xeito, entre o público había dende amigos e seguidos fieis que os acompañan sempre alá onde van, até xente de Bertamiráns –localidade na que habitan durante os meses de verán e onde fan a súa vida diaria e pasan o tempo de ocio—que se relaciona con eles dende os comezos, dándolles apoio e tratándoos como a auténticos veciños.

Ademais, tamén había un familiar moi especial para a orquestra: a pequena sobriña da cantante Davinia Fleitas, Briseida, que sentouse no palco a admirar á súa tía, á vez que saía de cando en cando a bailar nalgunha canción. E, xunto a este público, había tres asistentes moi especiais: Arodi Llanos, David Afonso Hernández e Alberto Novelle, membros cantantes do grupo Nueva Fuerza, pertencente ao mesmo director de El Combo, Cirano Núñez. Así, por non actuar nesa data, desprazáronse para dar apoio aos seus compañeiros de Combo Music, especialmente Arodi, que xa fora integrante de El Combo no ano 2015.

Deste xeito, o feito de ter a toda esta xente coñecida entre o público pode parecer un detalliño sen importancia, mais non o é, porque esa xente é a que a propia orquestra denomina como ‘familia Combo’, nome que xa transmite o sentimento de pertenza a un grupo. Isto implica, por unha banda, unha maior comodidade dos cantantes, que fan bromas e se interrelacionan máis co público, adicando cancións ás caras coñecidas e saudando continuamente á outra formación –neste caso, ao grupo Nueva Fuerza, que incluso apareceu na pantalla do escenario unhas cantas veces, sendo grabados pola cámara do palco--.

E, por outra banda, implica que esta xente coñece moi ben á orquestra, as súas cancións e os seus pasos, polo que son quen de seguir as coreografías ao ‘dediño’. Por iso, nesa xornada, entre o público xuntáronse cinco filas adiante do palco que recreaban idénticamente os pasos dos cantantes en cada tema, con complicidade, con ganas, con entusiasmo, sabendo que se encontraban nunha festa para eles, nunha festa onde os auténticos protagonistas eran aqueles que o estaban ‘partindo’ –como di un dos temas máis bailados de El Combo--.

Javy López sobre o escenario de El Combo Dominicano en Lousame.
Javy López sobre o escenario de El Combo Dominicano en Lousame.

ACTUACIÓN SEGUNDO PASE

Cabe destacar que El Combo é unha das poucas formacións que vai cambiando o seu repertorio a medida que avanza a súa xira para incluir novas cancións que entran na actualidade máis inmediata pegando moi forte ou ben para reutilizar algunhas cancións propias –de entre o máis dun cento de temas que xa teñen—porque lle gustan ou son moi demandadas polo público.

Ese foi o caso da noite de Lousame, onde Davinia Fleitas interpretou a canción de Jennifer López, ‘El Anillo’, de recente estreo a comezos deste verán, á que xa incorporaron tamén unha coreografía chea de ritmo que deixou ao público moi sorprendido, pola coordinación das tres mulleres do Combo –a cantante principial e as bailarinas Celia Sentís e Yesenia Perera—e o ben montada que estaba. O tema incorporaba ademais o ritmo propio de El Combo, inimitable.

Pola súa parte, seguindo cos temas propios, Javy López interpretou a súa propia canción, ‘No puedes olvidarte de mí’, tamén de recente estreo e que está soando moito na radio en Galicia, cun ritmo máis pausado que de costume, mais cunha voz moi traballada que deixa ao público atento ao escenario en cada actuación. No videoclip orixinal está tamén Lester, que no escenario de El Combo se ve sustituido por Néstor Peña, facendo os coros. Ao respecto, o mércores foi unha noite na que o cantante se sentiu moi arroupado, xa que a maior parte do público, por ser seguidores asiduos, recoñecía e sabía seguir a canción, con moito sentimento.

Asi mesmo, entro outros temas, tamén recuperaron a canción ‘Mentiroso, cobarde, tramposo’, moi típica das verbenas galegas e á que Davinia lle da un toque especial coa súa voz. Neste tema, tamén estreou vestiario, cunha especie de body negro con dúas ligas de coiro e no pescozo un colar de cremalleira vermello. A esta canción seguiron outras como ‘Me llamas’, de Piso 21, na voz de Javy e Néstor, ou ‘Ya me enteré’, de Reik, a ritmo de merengue. Ademais, outro dos temas propios retornou ao repertorio, o que foi o primeira canción pola que se deu a coñecer a orquestra, ‘Voy al perreo’.

MOMENTO PERREO

Entre a sucesión de temas chegou o tan ansiado polo público momento ‘perreo’, comezando na voz de Eulicer Aróstegui coa canción ‘Pa' que retocen’, de Tego Calderón, cun arreglo propio na voz de Néstor que di: “así que chama ao Combo que pa’ a disco é que vamos hoxe…”. Nesta canción até o trompetista Cristian Ramos sae a bailar na parte dianteira do escenario.

Nesta parte inclúense tamén cancións como ‘I like to move it’, de Will.i.am, con arreglo propio que substitúe a parte de "moto, moto in the house, I'm about to turn it out” por “físico ideal, físico ideal, físico que físico que físico ideal”, na voz de Néstor. Tamén foi o turno de ‘Amorfoda’, tamén como tema novo e moi actual de Bad Bunny, interpretado por Eulicer Aróstegui.

Finalmente, incorporaron tamén unha parte nova coa canción tradicional de reggaetón por excelencia para as mulleres dos noventa: ‘Papi chulo’, de Lorna, á que Néstor engadiu a parte que non soen facer: “ti queres uhm, gústache o uhm, sabroso uhm”. Isto demostra que o Combo sabe adaptarse ás situación e que cada noite tenta ofrecer un espectáculo diferente.

Tamén outros temas para rematar a festa moi típicos de todas as verbenas, que pese a non adrar co estilo do combo personalizan á súa maneira e interpretan só no estribillo un cachiño para non desentonar, como ‘Salta’, de Tequila, ou a rancheira de ‘El Rey’, de Vicente Fernández, ambas na voz de Néstor Peña.

ACTUACIÓN DE NUEVA FUERZA

E ao final da noite subiu Nueva Fuerza ao escenario para interpretar a última canción, ‘A ti te gusta el pollo’, interpretada por Jose Carlos Balbuena Sánchez, da cal sabían deica a letra até a coreografía, e así pasou de haber catro cantantes sobre o escenario a ser un total de sete, xunto a Arodi, David e Alberto.

Foi maravilloso poder velos a todos xuntos e tan compenetrados sen ter ensaiado previamente para eso. Foi a guinda para un pastel que coroou a noite en familia por todo o algo, con moito arroupo e cariño por parte de todos, onde os asistentes de casa se encontraron máis que a gusto.

Davinia Fleitas sobre o escenario de El Combo Dominicano en Lousame.
Davinia Fleitas sobre o escenario de El Combo Dominicano en Lousame.
Davinia Fleitas sobre o escenario de El Combo Dominicano en Lousame.
Davinia Fleitas sobre o escenario de El Combo Dominicano en Lousame.
Javy López sobre o escenario de El Combo Dominicano en Lousame.
Javy López sobre o escenario de El Combo Dominicano en Lousame.
Davinia Fleitas sobre o escenario de El Combo Dominicano en Lousame.
Davinia Fleitas sobre o escenario de El Combo Dominicano en Lousame.
Davinia Fleitas sobre o escenario de El Combo Dominicano en Lousame.
Davinia Fleitas sobre o escenario de El Combo Dominicano en Lousame.
Escenario de El Combo Dominicano en Lousame.
Escenario de El Combo Dominicano en Lousame.
Escenario de El Combo Dominicano en Lousame.
Escenario de El Combo Dominicano en Lousame.
Néstor Peña sobre o escenario de El Combo Dominicano en Lousame.

Actuación de El Combo Dominicano con Nueva Fuerza.
Actuación de El Combo Dominicano con Nueva Fuerza.
Actuación de El Combo Dominicano con Nueva Fuerza.
Actuación de El Combo Dominicano con Nueva Fuerza.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta