Dúas paparotas en menos dun mes

Os populares convocan a 500 militantes e simpatizantes nunha cea en Narón. É a segunda en menos dun mes.

Por Galicia Confidencial | Narón | 04/04/2011 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas; o delegado provincial da Xunta na Coruña, Diego Calvo e o candidato do PP á alcaldía de Narón, Miguel de Santiago, foron os anfitrións dunha nova xuntanza culinaria organizada o sábado pola noite neste concello coruñés e á que asistiron preto de 500 persoas.

Esta é a segunda cea que se organiza en Narón en menos dun mes. Na primeira, os populares reservaron 100 prazas na tradicional festa do cocido que organizou a AA.VV. do barrio da Gándara, e á que asistiu o presidente da Xunta.

Quen paga?


Nesta segunda comida, e segundo o PP, cada comensal "pagou o seu prato", aínda que dirixentes doutras formacións políticas de Narón aseguran que o PP financiou esta "paparota" tal e como xa aconteceu coa anterior cea.

Nesta xuntanza, o candidato popular aproveitou a presencia de Farjas para "vender" o novo centro de saúde de Narón, "que permitirá que los magníficos profesionales que allí trabajan puedan ofrecer un servicio de mayor calidad, si cabe, a los vecinos de esta ciudad y de la comarca".

None

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

8 Compostelanaa

Que estes lambóns se poñan de enchenta mentre o país vai o tacho pois lamentable evidentemente, como calquera deste tipo de actos... pero sigo sen entender fóra diso cal é o problema, se o pagan os asistentes ou o paga o partido???? que máis dá o jodido sería que o pagaramos todos... polo demais non vexo eu cal é a noticia.

7 Mascato

Cocido nas Paparotas populistas e marisco sen alabarán nin IVE nas mariscadas de partido sen simpatizantes. As javiotas sempre lles foi moito o marisco sen pasar por lonxa

6 compostelán

Esta é a Galicia do PP, eles todolos dias de enchentas, de cocido en cocido, e o resto de galegos enchendo as Cociñas Económicas e as listas do paro. Galicia va bien.

5 Xanciño

O Partido das Paparotas comeza a carreira polo poder municipal. Só deste xeito poden enganar á xentiña. É curioso: a media de idade é duns 60-70 anos. Vamos, o futuro está nas súas mans...

1 Carrumeiro

De bailongos e paparotas con vellos e vellas sabía un cacho Anxo Quintana

2 fuco

por algo quintana xa non está, aprenderon, el e os demais membros do governo, o que non debian

4 Un valexo

Este médico es un pájaro del copón. Leva máis de medio ano sen ir traballar ao centro médico do Val, xa está ben, bueno, como vai de festa coa súa xefa... O caso é que non é normal que un tipo que non é concelleiro, nin nada, teña unha excedencia ou algo así polo morro.

1 Un san mateexo

Ese tipo polo visto é un señorito de "tres al cuarto", ademáis de estar forrado, é un exemplo de incompetencia e de oportunismo.