O PPdeG pide a transferencia a Galicia das autorizacións de traballo para migrantes

Noelia Pérez denuncia atrasos intolerables que impiden cubrir vacantes laborais e castigan aos traballadores.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/08/2025 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

A portavoz de Emprego do Grupo Popular, Noelia Pérez, instou ao Goberno de España a traspasar a Galicia as competencias executivas en materia das autorizacións iniciais de traballo das persoas migrantes.

"Ante a falta de man de obra que existe na actualidade en moitos ámbitos empresariais, resulta intolerable que o Goberno de Pedro Sánchez castigue a estes traballadores atrasando sine die a tramitación do seu permiso para poder emprender a súa vida laboral en Galicia", indicou.

Nunha nota de prensa, os populares detallaron que este domingo a portavoz de Emprego reuniuse cunha emigrante venezolana en Ourense, quen lle trasladou "a odisea que viven para poder conseguir unha cita para tramitar o permiso de traballo e para que lles respondan á solicitude".

"Un dos máis significativos síntomas de que o Goberno de España está totalmente desconectado da realidade
é o colapso administrativo que existe no acceso aos permisos de residencia e traballo para as persoas migrantes", concluíu.

As deputadas do Grupo Popular Noelia Pérez e Cristina Campero
As deputadas do Grupo Popular Noelia Pérez e Cristina Campero | Fonte: PPdeG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta