Por E.P. | A CORUÑA | 12/07/2018 | Actualizada ás 15:01
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, sinalou que corresponde á coordinadora da formación que lidera, Marea Atlántica, definir a postura que asumen sobre a proposta aprobada pola asemblea de Compostela Aberta que pide iniciar un proceso de renovación da dirección de En Marea.
Este xoves, o rexedor herculino incidiu en que o órgano de dirección da marea coruñesa será quen estude a proposta e estableza "que iniciativa se toma" respecto diso. "Non teño moito máis que engadir", remarcou a preguntas dos xornalistas. Hai uns días, Ferreiro amosabase favorable a proposta de CA.
A iniciativa da formación que lidera o rexedor compostelán, Martiño Noriega, foi aprobada pola súa asemblea con 56 votos a favor, tres en contra e catro en branco. Nela, Compostela Aberta ofrécese para encabezar un proceso de renovación do espazo rupturista, enfocado á convocatoria anticipada das eleccións aos seus órganos de dirección --que cren controlados por sectores "sobrerrepresentados"-- e a configuración dunha "mesa da confluencia" formada por EU, Anova, Podemos Galicia e as mareas de Santiago, Ferrol e A Coruña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.