Un operario ferido despois de desprenderse un balcón en Cangas (Pontevedra)

Un operario foi trasladado ao Hospital Povisa de Vigo ao resultar ferido o desprendemento dun balcón en Cangas (Pontevedra), segundo informa o 112.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2018 | Actualizada ás 19:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un operario foi trasladado ao Hospital Povisa de Vigo ao resultar ferido o desprendemento dun balcón en Cangas (Pontevedra), segundo informa o 112.

O operario traballaba sobre un balcón cando se desprendeu e o home caeu ao chan. Como consecuencia do golpe, o ferido sufriu unha fractura aberta de perna.

Após recibir a alerta, ao redor das 16,00 horas, o 112 solicitou a intervención dos profesionais sanitarios, Policía Local, Garda Civil e servizo municipal de emerxencias.

Por outra banda, no Porriño, sobre as 15,000 horas, foi rescatado un operario que caeu a un foso mentres traballaba nun concesionario de camións no polígono industrial da Granxa, onde se desprazou o 061 e a Garda Civil. Tamén foi trasladado a Povisa, neste caso cun traumatismo na cabeza, pero consciente.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta