Ferido un home en Ponteceso tras caer do tellado que estaba a reparar

Un home resultou ferido de consideración na mañá deste venres en Ponteceso (A Coruña), tras precipitarse desde un tellado que estaba a reparar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2018 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

Un home resultei ferido de consideración na mañá deste venres en Ponteceso (A Coruña), tras precipitarse desde un tellado que estaba a reparar.

Concello de Ponteceso
Concello de Ponteceso | Fonte: Wikipedia

Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu ás 11,30 horas da mañá deste venres, cando o home se atopaba reparando un tellado nunha vivenda da súa propiedade da parroquia de Langueirón e precipitouse ao chan.

Até a zona desprazáronse efectivos da Garda Civil, do GES e de Protección Civil de Ponteceso. Así mesmo, foi mobilizado o helicóptero medicalizado do 061, que trasladou ao ferido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta