Lidia Senra reitera ao Consello de Europa a vulneración de dereitos por parte do Estado

A eurodiputada galega Lidia Senra trasladou nunha carta ao Consello de Europa "a situación de censura e ataque á liberdade de información que se está a padecer no Estado español".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/07/2018 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Represión social, vulneración dos dereitos á liberdade de expresión e información, situación nas prisións, incumprimento da Lei da Memoria Histórica, vulneración dos dereitos lingüísticos e dos símbolos de Galicia ou vulneración do dereito á folga. Estes son algúns dos aspectos destacados que a eurodiputada galega Lídia Senra vén de remitir nunha carta á nova Comisaria de Dereitos Humanos (DDHH) no Consello de Europa, Dunja Mijatovic. O obxectivo: facerlle chegar a súa "preocupación polos numerosos casos de vulneración de dereitos humanos e liberdades producidos no Estado español nos últimos anos".

A eurodeputada galega Lidia Senra
A eurodeputada galega Lidia Senra

 

Ademais, para proporcionar exemplos concretos, a eurodiputada galega do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) achegou tamén un dossier entregado xa ao gabinete do anterior Comisario de DDHH do Consello. E foi así que, remitíndose a este primeiro contacto, a eurodipitada alertou á Comisaria que "dende entón os casos de serio risco para os dereitos humanos segueron a repetirse".

 

De feito, Senra denunciou no seu momento ante a Comisión Europea por medio dunha pregunta parlamentaria, que a organización internacional independente Freemuse revelou a través do seu informe anual ‘O Estado da liberdade artística 2018’ que o español é o Estado que máis artistas meteu na cadea (13), por diante de China (12) e Irán (9).

“O informe, silenciado polos medios de comunicación maioritarios, apunta que se están aproveitando as modificacións introducidas na lexislación antiterrorista no 2014 para atacar expresións artísticas acusándoas de apoloxía ou enaltecemento do terrorismo”, explica Senra a Mijatovic na súa misiva. Ademais, afondou, “neste clima de vulneración do dereito á libertade de expresión e de información, fai poucos días tivemos coñecemento de que a varias persoas presas no Estado español vetóuselle o acceso ao número 451 da revista La Directa”, medio de comunicación catalán con máis dunha década de historia e depósito legal. 

“É absolutamente intolerábel que se restrinxa o dereito de calquera persoa a recibir un medio de comunicación. Esta reacción penso que exemplifica ben a situación de censura e ataque á liberdade de información que se está a padecer no Estado español, ben lonxe dos valores que a propia Unión Europea di defender”, sentenciou Serra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Wui

Lidia, con el sueldazo que trincas, por qué no vas a la peluquería?

2 expañolismo PCE

esquece lida siryzas (a apócimas) as que esta facendo o podreiros en Catalunya, esquece que os criminais de izquierda la unitaria como paco frutos estas do lado de autenticas bandas fascistas que desfilan co gallináceo en Catalunya, non ve acaso que o podreiros e o peceiro están tolerando a represión e a amparan en Catalunya, xa o di ven claro onde esta metida pce - partido comunecio EXPAÑOL, son expañois son ratas viruelntas, que ninguen espere nada da banda defraudadora... cando os seus votos poden ser decisivos están de oportunistas conseguidores do pe$oe e do pepeiro... - https://www.youtube.com/watch?v=ylm...

1 Salgueiro

Eu non votaría nin lhe daría o meu apoio a un partido de frikis como no que está Lidia Senra. Pero hai que se quitar o sombreiro. Lidia, ao fin, mercou un xersei "actual". Xa non parece que senha una parada de longa duración do bairro vigués "dos malas pintas". É un avanzo. Quero ir a manifestación do 25 de xulho en Santiago pero non sei que levar. Se levar un xersei de hai 50 anos que tenho no armario ou mercar algo máis actual. Non sei que facer. Tampouco sei se rasurarme ou non. Melhor sen rasurar. Así estás maís a xogo coa contorna. E parezo máis puro e máis galego do bos e xenerosos como Beiras, etc...ha, ha, ha, ha...

1 fillo

"sexuda," moi relevante e moi fundamentada critica do pepeiro supremacista e antigalego de garda habitual

2 eusi

Levas un "jarsé" de Zara e non te esquezas do mobil "last generation" PPodre lingoteiro! (o de lingoteiro é polo moito que vos gustan os lingotes de ouro feitos cos cartos que roubades impunemente)