Anova asegura que o dereito a decidir é “irrenunciable” e aposta por evitar o “cruce de declaracións” en En Marea

Antón Sánchez destaca como prioridades da formación nacionalista o dereito a exercer a plena soberanía, a república e Galicia como nación. Lémbralle a Podemos que o dereito a decidir xa está recollido na Declaración de Mazarelos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/07/2018 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

O dereito a decidir de Galicia, tal e como o recollen os principios fundacionais de En Marea e o acordo de Mazarelos, é “irrenunciable”. O líder de Anova, Antón Sánchez, foi contundente con este punto que Podemos Galicia pretende renegociar se se redefine o espazo de En Marea tal e como busca a proposta de Compostela Aberta.

O deputado de En Marea e portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez. EN MAREA
O deputado de En Marea e portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez. EN MAREA

“Esa cuestión non está en discusión e tal e como está no documento orixinal de En Marea está ben”, asegurou Antón Sánchez este venres en rolda de prensa ao ser preguntado pola información adiantada por GC ante a posibilidade de que Podemos poida aproveitar a coxuntura creada por CA para tentar modificar este punto. “O dereito a decidir é fundamental para entender a soberanía de Galicia e é perfectamente compatible coa aposta da esquerda federal”, suliñou.

A preguntas de GC, Sánchez dixo que ese “non é o problema que se plantexa no espazo de unidade” de En Marea porque o dereito a decicir está xa recollido no Acordo de Mazarelos e tamén era algo que defendeu Alternativa Galega de Esquerda (AGE), desde o inicio.

“PESO ESPECÍFICO” DE PODEMOS

Sobre a posibilidade de que os partidos –Podemos, Anova e EU-- participen da refundación de En Marea segundo o seu “peso específico”, tal e como pedíu o pasado luns a líder de Podemos-Galicia, Carmen Santos, Sánchez suliñou que, agora, cando se está na fase de discusión da proposta de CA hai que “dialogar de forma positiva” e non entrar “nun cruce de acusacións”.  

“Sempre hai que apostar por priorizar os intereses da zente porque nós non somos un fin, senón unha ferramenta útil para trasladar os problemas da xente”, dixo. Sánchez insistiu en relanzar o “espazo da unidade popular” tal e como propón CA pero “buscando consensos” e “sumando esforzos e diálogo”. “Enrocarse non conduce a ningures”, sinalou.

SOBERANÍA

O líder de Anova compareceu ante os medios para dar conta dos actos desta formación no Día das Letras Galegas e destacou como prioridades da formación nacionalista o dereito a exercer a plena soberanía, a república e Galicia como nación. “Queremos a plena soberanía para mellorar as condicións de vida nun contexto no que Galicia está perdendo peso específico no estado”, dixo.

Por iso, reivindicou a “Galicia como nación” e República fronte a Monarquía. E, neste sentido, suliñou que os concellos son fundamentais para acadar un cambio de réxime e puxo como exemplo, os concellos do cambio como o da Coruña, Ferrol, Santiago, Teo, Manzaneda ou Val do Dubra, onde gobernan mareas municipalistas.

Anova realizará un acto o vindeiro 24 coa presencia de Dolors Sabater, ex elcaldesa de Badalona por Guanyem Badalona tras unha moción de censura apoiada por PP e PSOE e con María del Río, dirixente de Alternativa, formación integrada EH-Bildu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 o sancho panza do vello

sae o xuiz villano e teñen que saltar o outro, que fraude de unidade popular, están polo poder, polos emonumentos, necesitan para vivir un.has moquetas que sobrepasen os 7 cms, nos despachos, non ha outra cousa o outro mareante minte mais que respira, falan de republica galega, cando traballan para izquierda la unidad, os zurdetanos expañolentos do podreiro e outros seres hispanos do mais lamentable, que noxo - https://www.youtube.com/watch?v=48c...

3 comunista de pandeireta

Será o dereito a decidir a liberacionciña, porque os ainda deputados de Lanueva o enxeñoso deputado e a amiga da filla de Ferrín ben que se ergueron para aplaudir a Pablemos cando pablou sobre as dúas nacionalidades históricas do Estado, País Vasco e Cataluña. A ver se tedes pronto outro microcongreso e van os de Cheira.

2 Anti spam ña

Se non teñen nin soberanía denro da marea do Podemos, como van pedir soberanía nacional? A soberanía ben entendía empeza por un mesmo.

1 Nefelibata

Que siga o espectaculo que vou buscar as "palomitas". Pero para que discutides sobre este tema se ata a republica federal a reclamades en voz baixa e apoiades ao señor Sánchez a cambio de nada. http://blogs.publico.es/escudier/20...