Temas: ABEGONDO

Oito anos de inhabilitación para o exalcalde de Abegondo por delito urbanístico

O actual e outro cinco edís tampouco foron condenados e tres técnicos foron penados, un deles con dous anos de cárcere.

Por E.P. | A CORUÑA | 20/07/2018 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

O xulgado do Penal número 2 da Coruña condenou ao exalcalde de Abegondo Juan José Rocha a oito anos de inhabilitación especial para o exercicio de todo cargo ou emprego público relacionado coa construción por delito continuado contra a ordenación do territorio. Tamén se lle impuxo unha multa de 10 euros diarios durante 22 meses (uns 6.600 euros).

Juan José Rocha, exalcalde de Abegondo, á dereita
Juan José Rocha, exalcalde de Abegondo, á dereita | Fonte: abegondo.gal

Ademais, o tribunal condenou a un dos arquitectos, Antonio C.N., a dous anos de prisión e outro dez de inhabilitación para cargo ou emprego público relacionado co urbanismo e outro técnico, Manuel C.M., foi penado coa inhabilitación durante oito meses e a mesma multa que o exalcalde.

O fallo xudicial tamén condena a outra arquitecta, Cristina B.L., a inhabilitación especial para exercicio de todo emprego público ou cargo relacionado coa construción durante sete anos, seis meses e un día, xunto cunha multa de 18 meses a razón de 5 euros diarios (uns 2.700 euros).

A sentenza declara, así mesmo, a "ilegalidade" de todas as licenzas que se abordaron neste procedemento penal, de maneira que se abre o procedemento, previa audiencia dos propietarios, para a derriba dos inmobles ou a reposición da legalidade.

Con todo, aclara que, tendo en conta que Antonio C.N. xa participou no procedemento e tivo ocasión de defender a legalidade da súa vivenda, o xulgado ordena ao condenado a derrubar, por conta propia, a súa casa.

ABSOLUCIÓN

No xuízo tamén foron xulgados o actual rexedor, José Santiso Miramontes (PP), e outro cinco edís populares da actual corporación --Eduardo G.D., Carlos S.S., José Antonio R.N., Genma M.S.P., e Antonio F.F.--. Todos eles foron absoltos neste procedemento.

Juan José Rocha presentouse nas municipais de 2007 como independente, após deixar o Partido Popular cando elixiu a Santiso Miramontes como candidato á Alcaldía. En 2009, foi desaloxado do bastón de mando a través dunha moción de censura presentada polos seus antigos compañeiros de filas e co actual rexedor á cabeza. As actuacións xulgadas remóntanse a principios dos anos 2000.

Temas: ABEGONDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta