O regreso de Beiras e os "espazos de libre decisión"

"Hai peores terroristas que os de ETA e teñen nome e apelidos; Rubalcaba, Rajoy, Fernández Ordóñez e Rouco Varela", dixo Beiras nun encendido discurso xunto con dirixentes de Nafarroa Bai, Esquerra Republicana e BNG que coincidiron en reclamar un "espazo de libre decisión" para as nacionalidades históricas.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 13/04/2011 | Actualizada ás 23:44

Comparte esta noticia

Ben é certo que Beiras nunca marchou, sigue estando, pero aproveita a mínima ocasión que lle brindan para reivindicar ese espírito de maio do 68 que nunca abandonou. Este mércores non foi menos e arremeteu contra Rajoy, Fernández Ordóñez, Rubalcaba e Rouco Varela aos que calificou de "terroristas". Tamén tivo algunha crítica para o BNG; equivocarse de socio en Galeuscat e non apoiar a ERC.

Beiras é emoción, discurso, paixón...pero tamén é histrionismo, manierismo e mesmo narcisismo. É un vello con corazón de novo e un novo con sangue maduro. Por iso, Beiras é espectaculo alí onde vai e se diante ten xente moza, crecese e acaba metendoos no peto. Dicía un vello parlamentario que Beiras é para a política galega o que Luis Suárez foi para o fútbol, unha comparación que non lle debe gustar moito xa que do deporte rei pouco entende.

Por iso, non ten problemas en botar lume pola boca, caia quen caia. E nesta ocasión toulle ao PP e ao PSOE pero tamén á banca e á igrexa e non tivo reparos en asegurar que os seus dirixentes son "terroristas máis perigosos" que os de ETA.

Ranking de terroristas


O ex líder dos nacionalistas galegos e actual dirixente do Encontro Irmandiño --formación integrada no BNG-- puxo nome o seu ranking de terroristas mundiais: Alfredo Pérez Rubalcaba, Mariano Rajoy, Miguel Angel Fernández Ordóñez; gobernador do Banco de España e Antonio María Rouco Varela, presidente da Conferencia Episcopal Española.

"Acaban de deter a uns rapaces... Eu sempre defendín a non violencia pero tamén defendín e defendo a non violencia do Estado e nos últimos anos en España practicouse a tortura", sinalou nunha conferencia sobre o Estado 2.0, organizada pola Mocidade Nacionalista Galega --MNG--, as xuventudes de Máis Galiza, na que tamén participou o ex conseller e dirixente de ERC, Joan Huget; o coordinador de Nafarroa Bai (NB), Patxi Zabaleta, e o senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouzas.

Coa súa habitual dialéctica incendiaria, o líder nacionalista lembrou que o "axustizamento" de Carrero Branco serviu para que hoxe haxa democracia en España e acusou os grandes partidos de querer encarcerar aos que loitaron polas liberdades. "E dígoo así de claro, eles son os terroristas máis perigosos do mundo", dixo en alusión a Rajoy, Rubalcaba, González Ordóñez e Rouco Varela.

España en "guerra"

Beiras mesmo foi máis lonxe e subliñou que España "está en guerra" e, por iso, instou ás formacións nacionalistas de esquerdas a "traballar e ser congruentes". "Hai que dicir o que se pensa e facer o que se di", apuntou nunha clara indirecta á súa formación, o BNG de quen dixo que se equivocou de amigos ao aliarse, durante a etapa de Anxo Quintana, con CiU e non con ERC.

"Cando se estaba con CiU non se tiña visión de Estado do que estaba acontecendo...Ou se escoita aos protagonistas dos procesos ou senón, córrese o risco de, como din por Castela, 'mear fuera del tiesto'", dixo sobre esta alianza.

Ademais, e comparando a situación catalana coa galega, sinalou que aquí serían imposibles as consultas soberanistas, sobre todo, porque hoxe, a diferencia de hai 10 ou 15 anos, o nivel de galegos que se declara só galego ou máis galego que español "é agora do 20% fronte ao 80% de antes".

Unha comparación que o levou a outra reflexión; "o BNG nos 90 chegou a ser hexemónico porque se asumían plantexamentos sociais". Por iso, suliñou que agora hai que volver a escoitar á sociedade, "aos movementos sociais como asociacións de veciños, SOS Caourel, asociacións de defensa das rías"...

Independencia versus "libre decisión"

Pero a pesares de que Beiras foi o máis incendiario no debate, o certo é que tanto Huget, coma Zabaleta e Pérez Bouzas tamén coincidiron con el no fondo, aínda que non tanto nas formas. Así, sobre as solucións para a actual configuración do Estado, Beiras foi o que falou directamente de "independencia no sentido republicano", onde os cidadáns poidan decidir "individual e colectivamente". Huget utilizou o termo "soberanismo" e "libre decisión", termo este último que preferiron tanto Zabaleta como Pérez Bouzas.

Os catro coincidiron nas dificultades de construir un estado en rede, precisamente, polo "centralismo madrileño". O ex conseller catalán denunciou a involución do estado e advertiu de que se poden chegar a situacións preconstitucionais de recorte de liberdades. Un sentimento que tamén compartiron Perez Bouzas e Zabaleta.

O secesionismo "non é a única vía"

Precisamente, o líder de NB foi máis coidadoso que Beiras ao falar de ETA e, a pesar de apostar pola "libre decisión" do pobo vasco e navarro, tamén recoñeceu que o "secesionismo" non é a "única vía" posible. "Hai que optar pola convivencia pero sen un estado imperialista", aclarou e foi máis aló, "ETA naceu e debe cesar por unha decisión política unilateral".

Zabeleta tamén se referiu á actual ilegalización de Sortu e reclamou que se poidan presentar ás próximas municipais pero tamén lamentou que os sucesores de Batasuna comezasen este proceso "demasiado tarde". E tamén lle mandou un recado a ETA, "tampouco deu os pasos que debería dar especificados no Pacto de Guernica", que asinaron o pasado setembro a esquerda abertxale.

En todo caso, mostrouse convencido de que, "tarde ou cedo, a paz chegará a Navarra e a Euskadi, "con ou sen o Estado porque, a pesar de todo, segue practicando a tortura".

Máis espazos de decisión

Durante esta conferencia, os nacionalistas galegos, cataláns e euskaldunes coincidiron en reclamarlle aos grandes partidos a necesidade de abrir novos espazos nos que non se "coharte" a liberdade dos individuos e das nacionalidades a "decidir por si mesmas". Por iso, todos, sen excepción, non dubidaron en criticar ao Tribunal Constitucional por anular o Estatut catalán e actuar "por consignas de Madrid".

Huget criticou aos grandes partidos por considerar España coma un "estado racial con centro en Madrid" e apostou pola globalización para que a "periferia" poida logra maiores espazos políticos e económicos.

Pola súa banda, Pérez Bouza, reclamou a formación dun "amplo espazo" conformado por todas as sensibilidades nacionalistas do Estado para facer fronte ao "nacionalismo centralizador" e, lograr así, abrir espazos de "libre decisión".

O debate foi intenso, cheo de acenos políticos e cun auditorio mozo e universitario moi entregado. Poucas veces teñen a oportunidade de compartir experiencias e praxis políticas similares pero con aplicacións moi diferentes porque a pesar das similitudes, as nacionalidades de Galeuscat, teñen contextos sociais, politicos e económicos moi diferentes, algo, que tampouco se lle esqueceu de mencionar aos propios ponentes.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 80 comentarios

3 Arenga

Inda nom aparecerom os manolinhos para pôr verdes a todos?

1 Compostelanaa

Arenga estás máis preocupado porque saian os manolinhos para poñelos a parir que as propias noticias en sí... será que che vai máis a polémica que estar informado en sí. Fas ben oh hai que darlle vidilla a esto.

2 Arenga

Nom compostelana, o que passa é que as verdades doem, entom faltades por chegar os de sempre a insultar e difamar a quem as di. Só agardava isto, e como nom a minha teoria comprovou-se. Em quanto ao de informar-se.... umha pessoa que sempre defende o que dim os meios oficiais e só cre o que dim estes meios nom é muito aceitado que diga quem ou quem nom está informado. Em quanto a Beiras, que dizer, é o milhor político que tivo e tem Galiza na sua história, mas como defende a Galiza e é de esquerdas será sempre criticado. O maior erro do bloco foi apartar a este sinhor e já o estam pagando eleiçom tras eleiçom.

3 Compostelanaa

Recordoche que aparte de comentarche aquí fixeno noutro post xa fai tempiño dando a miña opinión, eu non sei o informada ou non que estou o que non estou é aparvada como para que sectarios da verdade coma ti me fagan tonta. Beiras sería un excelente político, para gustos supoño, pero dicir dicir que colegas seus da política que chupan do mesmo bote que él durante décadas son peores que xente que mata... é unha soberana gilipollez e unha falta de respeto para que sufrio o golpe do terrorismo na súa familia. Ta ben que teñades as vosas ideas pero faltavos tamén tanta humanidade?? E deixa de meterme en lotes que aquí o único que vai no lote duns cantos claramente eeres ti...

2 Perrecho

Beiras está gaga. Flaco favor faille ao Bloque en particular e ao nacionalismo en xeral.

1 Alfonso García

Quen che dera ter a metade da "gagueza" de Beiras. Póñeno de tolo, como a todos os que cantas as verdades. Tamén lle din gagá a Anguita, e leva tempo avisándonos de que nos están a roubar e mentir na cara. Agora lémolo todos os días nos medios de comunicación. Gagá, disque. Vai lavar a cara, galopín.

2 Perrecho

Eu tamén estou gagá, pero non chamo terroristas aos demáis. Agora Beiras canta as verdades. A boas horas!! Antes dáballe a man a Fraga no Parlamento e quitáballe a estrela á bandeira galega, como fixo nas campaña das eleccións de 2001. ¿Acórdaste? Ti segue idoltrando a Beiras. Velaí temos o nacionalismo de futuro, con salvapatrias de segunda.

3 Manolo2

Ánguita es comunista perdido, pero 100 veces más lúcido y consecuente que este chiflado llamado Beiras.

4 che

Perrecho, polo menos Beiras sabe falar galego mellor ca ti porque o galego desde logo non é o túa lingua nai non hai mási que ver o que escribiches FRACO FAVOR LLE FAI Ó BLOQUE, é como se ten que dicir, pero non te preocupes moitas persoas desas que nos representan aínda o fan peor ca ti

1 aprendede

É Mocidade Nacionalista Galega e non Mocidades Nacionalistas Galegas. Tampouco son as mocidades de +Galiza se non que é o referente xuvenil (non é o mesmo)

1 Xan d¨Outeiro

Todos coincidimos que Beiras é un político da cabeza aos pés. Só algúns en tempos pasados entenderon que xa estaba amortizado. Craso erro. Un político da caste de Manuel Beiras endexamais está amortizado. É un presente continuo que Galiza precisa. Claro que o que entendemos os galegos non coincide co que entenden os políticos do BNG que teñen a ousadia de xogar aos cromos cos efectivos políticos. Con Beiras á fronte o BNG seria algo na política galega. Hoxe o BNG vai arrasatrando as súas miserias sen polar concreta cara a onde camiñar. Saúdos agarimosos Beiras. Contigo mantemos unha nova alba de gloria. Saúde e forza, e Terra.