O líder do PPdeG sobre a eutanasia e o aborto: “molesta que se ideoloxicen temas morais e se rachen consensos”

Feijóo matiza ao seu novo presidente, Pablo Casado, que aposta por volver a lei do aborto de 1985.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/07/2018 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

Alberto Núñez Feijóo amosou este xoves a primeira gran fisura co presidente do seu partido, Pablo Casado, en temas tan delicados como a eutanasia ou o aborto. “O que si estamos maioritariamente dacordo no PP é que non se deben rachar consensos en asuntos tan sensibles”, dixo ao respecto.

Carteis contra o aborto
Carteis contra o aborto

Preguntado por Galicia Confidencial sobre a decisión de Casado de volver a endurecer o aborto e a eutanasia, Feijóo foi contundente. “Se non hai un consenso que substitúa o anterior o lóxico é que non se adopten medidas unilaterais”, suliñou.

En todo caso, dixo entender que haxa “sensibilidades” dentro do seu partido que sobre esta cuestión teñan ideas diferentes. “Todo é opinable. É perfectamente posible que dentro dun partido, un militante non teña a mesma opinión sobre eses temas”, dixo. “Pero tamén entendo que no meu partido debe haber liberdade de voto en conciencia sobre determinados temas”, engadiu.

“O que nos molesta é que se ideoloxice temas morais, temas éticos e que se rachen consensos previos porque na política estamos para unir, non para dividir”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta