Críticas ao presidente do Parlamento por deixar en mans do Apóstolo ás vítimas do machismo

Miguel Santalices, durante a misa da ofrenda nacional, pedíalle "forza" ao Apóstolo polas vítimas do machismo".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/07/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

"Un insulto á intelixencia de calquera persoa". Así califica a Marea Feminista a acción de Miguel Santalices, o Presidente do Parlamento, quen pediu "forza" ao Apóstolo polas vítimas do machismo. Porque dende a Marea Feminista entenden que a violencia machista non é ningunha prioridade para o PP. Que un partido que "recurta sistemáticamente os recursos para previr e intervir contra a violencia machista e no Día da Patria pide auxilio ao Apóstolo" é un partido cínico.

Miguel Santalices preside a ofrenda ao Apóstolo Santiago no Día de Galicia de 2016
Miguel Santalices preside a ofrenda ao Apóstolo Santiago no Día de Galicia de 2016 | Fonte: xunta.gal

Critican que, no canto de implementar políticas que erradiquen a violencia cara as mulleres, o PP solicite a intervención do Apóstolo para "rematar con este drama". E, segundo a Marea, son abondo os exemplos que mostran a despreocupación do goberno da Xunta con respecto ás vítimas do machismo: "dende o pacto de Estado que asinaron e non cumpren ata as leis que non desenvolven ou non aplican, pasando polos recurtes en servizos públicos destinados á atención específica das mulleres como os centros de información á muller, as casas de acollida, as prestacións, etc". 

Pero tamén no ámbito xudicial, pois consideran que "o Partido Popular non tivo ningún tipo de problema en deixar aos xulgados especializados en violencia de xénero sen xuízas en época estival ao non nomear substitutas". 

"O MÁIS GRANDE DE GALICIA NON SE MALTRATA"

Prevención, implicación, sensibilización, mobilización..."políticas nas que se invistan recursos suficientes para deixar de contar mulleres vítimas de asasinos machistas, para deixar de ter medo polas rúas, políticas para tecer espazos seguros". Así considera a Marea que hai que combater o machismo, e non "saír ás rúas en datas sinaladas coma o 8 de marzo ou o 25 de novembro a facerse as fotos de rigor, pero sen máis calado"

Algo do que no Partido Popular teñen boa conta segundo o partido instrumental, habendo exemplos como a campaña do 25 de novembro, que levaba por lema “O máis grande de Galicia non se maltrata”: "cousificando ás mulleres comparándoas co patrimonio material galego, transmitindo uns valores que nada teñen que ver coas reivindicacións desa data. Esas non son as políticas pola igualdade e contra a violencia machista que queremos". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 paganismo catolico idolatra

expañolismo casposo e salchichero... non esta santiajo... e Prisciliano o que esta soterrado, e o momento de por fin a polémica, e o momento de abrir o cadaleito e facer as probas de ADN, xa veredes será o momento de recuperar a memoria do cristianismo-celta-galego, será o momento de facer o que se ten que facer e o que pide o corpo, un-ha autentico paraíso galego, un autentico xardin do eden, sin expaña, sin cutreiro e roubo descarnado, piden a quen non pode dar nin dara e pedironlle moitas cousas un recital absurdo, un-ha mesteura de eirexa e estado...