Temas: VIGO UGT ESTIBA CIG

Sindicatos da estiba de Vigo recorrerán as sancións da CNMC, que consideran "inxustas e desproporcionadas"

Lembran que a multa se refire a un acordo de 1996 que estaba "a punto" de ser substituído por un novo marco laboral.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/08/2018 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

Os sindicatos da estiba do Porto de Vigo confirmaron que estudarán con detemento a resolución de sanción da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) que lles impón varias multas por suposta infracción da normativa sobre competencia, e algunhas das centrais xa avanzaron que presentarán recurso por vía contencioso administrativa.

Porto de Vigo
Porto de Vigo

Así, o portavoz de UXT, Manuel Río, tachou de "inxustas e desproporcionadas" as sancións impostas tanto a este sindicato (170.000 euros) como ao resto de centrais, e que suman 530.000 euros, aos que habería que engadir multas por case 3 millóns de euros para cinco empresas.

Segundo indicou, tras confirmar o recurso por parte de UXT, as sancións baséanse en argumentos "que non son verdade", como que se impida o servizo de embarque e desembarque de coches, ou a entrega e recepción de mercadoría a traballadores alleos á SAGEP. A ese respecto, puntualizou que neses servizos si participan operarios das empresas e que "o dos coches xa está solucionado hai tempo, e entraron os eventuais".

Ademais, o portavoz de UXT lamentou que as multas se refiren a un acordo entre sindicatos e empresas que data de 1996, que foi denunciado e que "estaba a punto" de ser substituído por un novo marco laboral, que levan negociando máis dun ano. "Agora, entre o atraso na aprobación do regulamento (que desenvolve o decreto lei de liberalización da estiba) e as sancións, todo vaise a atrasar", aseverou.

"LOUCURA" DE LÓPEZ VEIGA

Na mesma liña, o portavoz da CIG (central multada con 70.000 euros), Xabier Aboi, denunciou que a sanción responde a unha "manobra" e unha "loucura" do presidente do Porto, Enrique López Veiga, a quen acusou de atacar aos sindicatos "no canto de preocuparse de solucionar os problemas do Porto".

O representante do sindicato nacionalista tachou de "persecución" a resolución da CNMC, que "se dedica a atacar os acordos laborais" sen ter "valor" para "meterse" cos "verdadeiros abusos" en materia de competencia, como os que hai nos sectores enerxético, de telefonía ou de combustibles.

Aboi lembrou, ademais, que este expediente sancionador "foi arquivado" e que, uns meses despois, e "por orde de alguén", reabriuse e concluíu con estas sancións. "A CIG vai recorrer, e se cren que nos van a amedrentar cunha multa de 70.000 euros, non o van a conseguir", sentenciou. O resto de sindicatos, pola súa banda, así como as empresas afectadas, estudarán tamén a resolución e, aínda que eludiron facer valoracións, previsiblemente recorrerán as sancións.

Temas: VIGO UGT ESTIBA CIG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta