Raúl Campo, cantante e compositor lugués, gran descubrimento da verbena galega no 2018

Tras o seu paso polas filas das orquestras Odisea e Tropicana, con ducias de 'covers' en YouTube e artistas de referencia da talla de Pablo Alborán e Sebastian Yatra, este ano amosa todo o seu "cálido" potencial na xira da orquestra Principal, a súa "segunda casa", onde gañou "confianza" en sí mesmo.

Por Ángela Precedo | Santiago de Compostela | 03/08/2018 | Actualizada ás 21:56

Comparte esta noticia

Raúl Campo Braña é un dos cantantes máis polifacéticos de toda a verbena galega, todo un descubrimento para aqueles verbeneros que tiveron a sorte de ver o espectáculo que a orquestra Principal ten preparado para este ano 2018. Defínese a sí mesmo como unha persoa “dinámica, alegre e divertida”. Asimesmo, polo que respecta á súa voz, explica que “non sabería como definila”, mais, de ter que facelo, considera que o calificativo sería “quentiña”, ou sexa, “cálida, como dí a Rosario”, bromea.

Raúl Campo Braña sobre o escenario da orquestra Principal.
Raúl Campo Braña sobre o escenario da orquestra Principal.

Nado na localidade de Meira, na provincia de Lugo, asegura que os seus comezos no mundo da música non teñen un inicio ben definido. “Dende pequeniño sempre me chamou a atención a música”, lembra nostálxico. “No colexio sacaba só polo meu oído as cancións que logo tocaba coa flauta, e dábaseme ben”, bromea. Entre os temas que mellor recorda destacan ‘Corazón Latino’, de David Bisbal, ou ‘Torero’, de Chayanne, comenta entre risas, aludindo a eles como “os temazos do momento”.

 

Una publicación compartida de Raúl (@raulk666) el

Raúl Campo Braña sobre o escenario da orquestra Principal.
Raúl Campo Braña sobre o escenario da orquestra Principal.

Sen embargo, Raúl asegura que naqueles momento da súa infancia “non cantaba”, porque “non me chamaba a atención”. Con todo, “xa no instituto”, a súa irmá mercou unha guitarra e, como soe suceder cos caprichos adolescentes, “foi dúas veces a clase e deixouna”, polo que “collina e enamoreime do seu son”. Deste xeito, afirma que “pouco a pouco funa facendo sonar pola miña conta”, valéndose de vídeos tutoriais, creando unha banda no propio instituto e compartindo experiencias con outros.

Dende ese intre, tal e como recorda, “foi pasando o tempo e comecei a sacar cancionciñas” acompañado da guitarra. “A verdade é que se me ía dando”, chanceou Raúl. Así, moi nesa liña irónica e humorística que lle caracteriza, o artista galego asegura que “empecei a cantar en público nos botellóns da universidade”, aínda que xa logo “empecei a subir ‘covers’” até que “chegou o meu paso pola primeira orquestra”.

 

Una publicación compartida de Raúl (@raulk666) el

PASO POR TRES ORQUESTRAS

En concreto, Raúl indica que a primeira orquestra onde fixo os seus ‘pinitos’ foi na Odisea (2012 a 2013), de Porto do Son (A Coruña), unha formación que na actualidade xa non existe. Nela, afirma que “aprendín o que era traballar duramente”, sobre todo “no mundo das sesións vermús”, así como “o coñecemento do que era chegar a unha festa e ter que montar, colocar todo puntuais, dende as mangueiras até as luces, asearse, poñerse o traxe e tocar logo”, para finalmente “recoller, irse para outro lado –as máis das veces sen durmir—e facer o mesmo proceso”.

Con todo, lembra con grande agrado “as risas durante as viaxes” e “o gran compañeirismo”. Asegura que Odisea “ensinoume o duro que era este traballo”, así como a “aprender a respetar e valorar o traballo dos montadores”.

 

Una publicación compartida de Raúl (@raulk666) el

A segunda orquestra da que formou parte chamábase Tropicana (2014 a 2015), de León (Castela), formación que tampouco existe na actualidade. Raúl explica que foi nela na que “comecei a cantar máis e a tocar menos”, ademais de que “non tiña que montar, polo que era máis levadeiro”. Por este motivo, para el o “mellor” foron “esas novas condicións” de traballo, e o “peor” de novo foi aguantar as sesións vermús. Na súa opinión, o máis grande que lle aportou Tropicana foi o ver que “con esforzo e sacrificio mellórase e pódese aprender moito dos compañeiros”.

Finalmente, a terceira orquestra, na que actualmente desempeña o seu traballo como cantante é a orquestra Principal (dende 2016), de Mondoñedo (Lugo), na que canta e toca a guitarra. Leva anos nela e apunta que “o peor sempre é despedirse dos compañeiros que van pasando por aquí”, ademais das “vermús” –sempre fai moito fincapé no duras que son-- e o “cansancio”. Pola contra, sinala que “os mellores momentos son as risas cos compañeiros, a montaxe dos temas e das coreografías e a elección da roupa e o vestiario para as actuacións”. Cre que grazas á orquestra Principal foi quen de “coller máis galóns” dentro da profesión e de “gañar máis confianza en min mesmo”.

 

Una publicación compartida de Raúl (@raulk666) el

Deste xeito, tras facer un percorrido pola súa traxectoria no mundo da verbena galega, Raúl conclúe que “máis ou menos o peor e o mellor en todas as formacións é o mesmo”. É dicir, dentro do peor estarían “as sesións vermús, o cansancio e o ter que aguantar ás veces a xente que non sabe divertirse e que non respeta o traballo dos demais”. Pola contra, dentro do mellor atópase “o bo rollo e as risas cos compañeiros e co público, ao que tamén hai que facer reír, disfrutar e bailar, porque que veñan ver o teu traballo é o mellor regalo”. “Con iso é co que me quedo”, asegura.

ARTISTAS DE REFERENCIA

Asimesmo, sobre os seus referentes musicais, indica que dentro do mundo da música máis comercial, admira a Pablo López e a Pablo Alborán, porque “encántame como transmiten algo tan seu”, al igual que Sebastián Yatra. Tamén lle gusta Abraham Mateo, xa que “o vexo súper completo cantando e bailando”. Ademais, tamén destacaría a Fito, “polas súas letras”, e a Avicci, “pola súa maneira de compoñer música distinta e á vez brutal”.

 

Una publicación compartida de Raúl (@raulk666) el

Nesta mesma liña, dentro do mundo da verbena galega –e tamén canaria--, considera que Eulicer Aróstegui, cantante de El Combo Dominicano, “é un verdadeiro terremoto”. Pola súa banda, encántalle a “voz e como bailaAlberto Novelle, do grupo Nueva Fuerza. Nas voces femininas, nomea a Alejandra Pais, da orquestra New York, e a Genma Lareo e Fátima Pego, da París de Noia, porque “son unhas pedazo artistas cunhas pedazo voces”, ao igual que Diego Moreira, da mesma formación. E, xa noutro xénero musical, aínda que tamén dentro do mundo da verbena, fai referencia a Cibrán Insua, do grupo rockeiro Claxxon.

E sobre as súas cancións favoritas, Raúl explica que “depende moito do momento”, aínda que “este ano pegóuseme forte ‘Que ya no me llame’, dentro do mundo da pachanga”, de Rodrigo Tapari, ex componente do grupo arxentino Ráfaga. Tamén asegura que lle sirve calquera de Fito, ou ‘No puedo vivir sin ti’, así como ‘Besos en guerra’, de Morat.

 

Una publicación compartida de Raúl (@raulk666) el

O MÁIS EMOTIVO PARA EL DO MUNDO DA ORQUESTRA

Por outra banda, Raúl, para quen a orquestra Principal é como “a miña segunda familia, a miña segunda casa”, sinala que os momentos máis difíciles para calquera formación, ao igual que os máis emotivos, correspóndense con aqueles nos que “toca despedir a algún compañeiro que se marchaba dun ano para o outro”. “O último día soe ser duro, de tragar saliva, xa que son moitas as horas que se pasan coa mesma xente, traballando e compartindo momentos de risas, choros… O último caso foi cos irmáns Diumaro, Rubén e Alfonso, que se marcharon da orquestra Principal o pasado ano”, lembra Raúl.

 

Una publicación compartida de Raúl (@raulk666) el

E, ademais de cantar versións dos temas orixinais doutros artistas, afirma que “para min compoñer é algo que me encanta, que me distrae e que me axuda a desafogarme”. “Compoño en base a experiencias persoais, normalmente”, explica tratando de lembrarse das centos de letras que ten formado ao longo da súa traxectoria.

 

Una publicación compartida de Raúl (@raulk666) el

PROXECTOS DE FUTURO

Sobre o seu futuro, o cantante da orquestra Principal amósase “consciente” de que “no mundo da música teño os pés na terra” e “todos sabemos o difícil que é”, polo que “de momento só teño en mente seguir disfrutando e facendo disfrutar á xente, da igual onde e cando, mais sempre coa música presente”. En canto a estudos, o seu proxecto primordial para este ano tamén se relaciona coa música, pois é “sacarme a oposición en maxisterio musical”.

Gústame vivir o día a día, sen pensar no mañán, para seguir aprendendo onde estea e disfrutando dun traballo que é marabilloso”, sentencia o cantante, poñéndose intenso. Nesta liña, prosegue: “certo é que o tempo xoga en contra e que non me vexo con corenta anos nun escenario, polo que barallo máis opcións de traballo”.

 

Una publicación compartida de Raúl (@raulk666) el

Raúl Campo Braña na súa faceta de guitarrista.
Raúl Campo Braña na súa faceta de guitarrista.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta