O Proxecto Cárcere da Coruña: ir máis alá dos 200m2 do vello edificio

O antigo Cárcere da Coruña abriu as súas portas pero non quere quedarse aí porque o obxectivo nunca foi ese. Por iso dende o Proxecto están a solicitar reunións con diferentes partidos políticos no goberno da cidade, porque necesitan "un compromiso real das institucións".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/08/2018 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

Unha vez aberto o Cárcere, o espazo dedicado á represión franquista que agora dedican á libre cultura e expresión, cómpre rehabilitalo. Que non quede aí porque de pasar outros sete anos sen que se faga nada de pouco tería servido o feito ata o momento. E o feito até o momento non é pouco, pois supuxo "esquivar" a "condena definitiva para o Cárcere". Por iso dende o Proxecto demandan un "compromiso real coas institucións , un diálogo aberto e de igual a igual onde se escoiten as diferentes perspectivas e onde, sobre todo, haxa vontade de cambio".

Actividades culturais no antigo cárcere da Coruña
Actividades culturais no antigo cárcere da Coruña | Fonte: Tamtampress.es

E por iso tamén é que están a solicitar reunións cos diferentes partidos políticos no goberno da cidade para o mes de setembro, "para que coñezan o espazo e falar sobre o presente e futuro do Cárcere". Demandan "vontade de cambio", continuar coa rehabilitación e apoiar á xestión cidadá debido as súas carencias e limitacións. Porque para o Proxecto "agora é o momento de darlle vida a través da actividade". 

O QUE DEMANDAN

Deste xeito, demandan que se realicen as obras inicialmente previstas para o verán, que consisten, entre outras cousas, na mellora do teito do hall e que afectan directamente a actividade e benestar das moradoras e visitantes durante os meses de outono e inverno. Así como tamén esixen que se valoren conxuntamente e se aproben en consenso as propostas realizadas polas moradoras do Cárcere para o avance na adaptación e/ou rehabilitación doutros espazos do Cárcere coma o panóptico. E un compromiso colectivo político, cidadá e institucional para a rehabilitación total do Cárcere, "que non facer nada non sexa a única resposta á deterioración do edificio".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta