Así é o ecosistema mariño das bateas galegas

Milleiros de bateas para o cultivo do mexillón poboan as augas galegas seguindo unha distribución regular e xeométrica, coma se alguén quixese parcelar o mar. Coñecémolas por fóra, pero non por dentro. Este é o seu corpo e o seu esqueleto.

Por Galicia Confidencial | Arousa | 24/08/2018 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

Arroaces arredor de bateas
Arroaces arredor de bateas | Fonte: BDRI.

Na actualidade máis de 3.300 bateas cobren as augas das nosas rías, producindo cada unha delas unha media anual de 90 toneladas de molusco, dando emprego a máis de 13.000 persoas e convertendo a Galicia na principal potencia acuícola de Europa.

A súa orixe remóntase ó século XVIII e comezos do XIX, cando tiveron lugar as primeiras experiencias de cultivo.  Pero non será ata mediados do século XX cando se comece a desenvolver o que coñecemos como miticultura, cría do mexillón.

As nosas rías son o enclave natural idóneo pola temperatura e a quietude das súas augas. A temperatura media da auga, de 17 ºC, facilita o crecemento rápido do mexillón e a súa calidade excepcional. Na actualidade máis de 3.300 bateas cobren as augas das nosas rías, producindo cada unha delas unha media anual de 90 toneladas de molusco, dando emprego a máis de 13.000 persoas e convertendo a Galicia na principal potencia acuícola de Europa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta