Tres persoas resultan feridas nun accidente de tráfico en Abegondo (A Coruña)

Tres persoas, dous adultos e un menor de idade, resultaron feridas ao chocar dous vehículos na AC-542, que une Betanzos e Mesón do Vento, á altura de Montouto, no municipio coruñés de Abegondo.

A CORUÑA | 27/08/2018 | Actualizada ás 10:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Tres persoas, dous adultos e un menor de idade, resultaron feridas ao chocar dous vehículos na AC-542, que une Betanzos e Mesón do Vento, á altura de Montouto, no municipio coruñés de Abegondo.

Fontes sanitarias explicaron a Europa Press que os feridos, que foron trasladados a un hospital da Coruña, son E.S.S de 45 anos, C.T.B de 18 anos, así como un menor.

Pola súa banda, o CIAE 112 Galicia informou de que foi un particular o que informou o accidente pasadas as 23,30 horas e avisou de que os feridos podían estar atrapados nos turismos.

Con estes datos, o persoal do 112 mobilizou ao servizo do 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Ordes. Ademais, pediuse a colaboración dos axentes de Tráfico e de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os bombeiros confirmaron a excarceración de dúas persoas, condutor e acompañante, dun dos turismos accidentados. Pola súa banda, o condutor do outro vehículo implicado tamén resultou ferido pero non necesitou ser excarcerado.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta