Un pensionista galego cobrou case 150 euros menos ao mes que un do resto de España no último ano

A pensión media é de 809,90 euros fronte aos 956,42 euros a nivel estatal.

Por E.P. | A CORUÑA | 27/08/2018 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

O número de pensións en Galicia situouse en agosto en 762.060, o que representa un incremento do 0,3% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, segundo datos feitos públicos este luns polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social. Con todo, un pensionista galego segue cobrando menos que o resto do conxunto do estado.

Pensión, pensións, xubilación, pensionista, xubilado, xubilada, xubilados. EUROPA PRESS - Archivo
Pensión, pensións, xubilación, pensionista, xubilado, xubilada, xubilados. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

Así, a pensión media nesta autonomía é de 809,90 euros, cuncrecemento do 3,9% en relación co mesmo mes de 2017. A nivel estatal, a pensión media está en 956,42 euros. As 762.060 pensións de Galicia representan o 7,9% sobre o total nacional. O número por incapacidade permanente ascende a 70.098, cunha pensión media de 855,50 euros; por xubilación, a 474.870, cunha pensión media de 921,44 euros e por viuvez, a 186.850 euros, cunha pensión media de 574,16 euros.

A elas, súmanse as concedidas por orfandade, un número que se sitúa no conxunto de Galicia en 23.812 cunha pensión media de 385,76 euros, mentres que a favor de familiares houbo 6.430, con 495,82 euros de pensión media.

CASE 10 MILLÓNS, A NIVEL ESTATAL

O conxunto do sistema público supera os 9,6 millóns de pensións contributivas (9.638.029) un 1,11% máis respecto ao ano pasado. Máis da metade, 5.941.425 concretamente, son por xubilación; 2.360.235 corresponden a viuvez; 953.257 a incapacidade permanente 341.298 a orfandade e 41.814 a favor de familiares.

A nómina mensual de pensións contributivas da Seguridade Social superou o nove mil millóns de euros (9.217.963), cun incremento interanual do 4,86%. Mentres, a pensión media de xubilación ascende a 1.102,38 euros, o que representa un aumento do 3,46% respecto ao ano pasado. A pensión media do Sistema, que comprende as distintas clases (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares), alcanza os 956,42 euros mensuais, o que supón un aumento interanual do 3,71%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta