A vergoña da atención aos maiores usada só como negocio

En xullo observei a constitución dun Cluster, é dicir, dunha agrupación de empresas que ocupan toda unha cadea de produción nunha area determinada e que se constitúe co obxecto de optimizar os seus recursos e aumentar a produtividade, é dicir os beneficios dun sector determinado.

Por Arán Feijoo | Vigo | 29/08/2018

Comparte esta noticia

Na miña etapa de Responsable de Calidade da Patronal de Pontevedra, xa tiven a ocasión de coñecer esa figura, un clúster do serctor da madeira , un clúster do sector do metal, etc.
 
Europa que é quen pon o diñeiro adora este tipo de agrupacións de interese económico e financia, subvenciona con profusión a súa constitución e as súas iniciativas. En moitos casos non todos os Cluster non cumpren a súa función e son meros instrumentos para que os seus socios capten xenerosos fondos da UE que doutra maneira estarían restrinxidos.
 
O curioso neste caso é que o Clúster constituído é da Saúde,? Cluster da Saudade? e os seus compoñentes son centros de atención a maiores .Un negocio onde se require ,  na miña opinión, non só un espírito de lucro senón unha certa sensibilidade cara ao tema. Non é mover carne como unha vez escoitei, senón tratar con persoas impedidas e en moitos casos dependentes, ademais de que estas actividades se pagan de forma indirecta en todo ou parte con diñeiro público.
 
En fin ante a miña estupefacción acerca deste cluster da Saudade, pregunteime unha serie de cuestións tales como; sería posible que estas pequenas empresas de atención sociosanitaria estean a xerar sinerxías nun sector de saúde para a mellor atención dos nosos maiores e xestión dos nosos recursos?, ou pola contra tan só están a empregar de forma torticeira uns fondos europeos para o seu lucro persoal sen que isto mellore as condicións dos anciáns que coidan ou dos traballadores que en moitos casos ao ser considerados dentro da categoría do fogar familiar están sobresplotados?.
 
Na miña opinión e desde a miña experiencia no sector asociativo, se é posible e lóxica a constitución dunha asociación empresarial de hospitais privados por exemplo ou unha asociación de centros de traballo social pero un Cluster co obxecto de dinamizar e aumentar a produtividade dunha actividade que xa de por si está a ser pagada nunha gran procentaxe con fondos públicos.
 
É unha broma. Non, máis ben un invento duns empresarios con escasa sensibilidade social que están nun nicho de mercado que lles outorga grandes beneficios polo envellecemento da poboación, o tipo de traballadores que ocupa e a política social que grazas a deus temos neste país que permite que alguén que necesita axuda a domicilio poida contratar a unha destas empresas e que ese servizo en todo ou en parte sexa pagado polo estado.
 
Mentres este país non teña o modelo de atención aos maiores de Estados Unidos, un cluster de empresas de atención aos nosos anciáns é pouco máis que unha broma ademais dunha evidente e descarada estratexia para forrarse os petos con fondos UE destinados a outros mesteres.
 

Muller maior facendo ximnasia
Muller maior facendo ximnasia | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Arán Feijoo Covelo Consultor e RRPP. Nacido en 1978, en Vigo provincia de Pontevedra .Compaxina desde o ano 2009 labores como Auditor de Sistemas de Xestión para empresas e Institucións coa propias de Consultor empresarial en Procesos de Xestión da Calidade, o Medio e a Seguridade e saúde no traballo. LinkedIn