As previsións económicas, encomendarse ao azar

Hai uns días, estiven co experto en política fiscal e autor do blog especializado TAXLANDIA Antón Beiras Cal para que me explicase de forma amena e didáctica, segundo o seu estilo, como vía a política fiscal do goberno actual. Antón é un economista cunha gran virtude na miña opinión, a de falar de política fiscal de forma sinxela e amena polo cal uso e abuso da súa paciencia.

Por Arán Feijoo | Vigo | 24/09/2018

Comparte esta noticia
Con paciencia veume a dicir que, evidentemente pretendíase aumentar a presión fiscal sobre os contribuíntes nos tramos máis altos, non tan altos quizais pero, evidentemente, non sobre as rendas máis baixas xa que estas sofren máis a presión impositiva de forma indirecta. É dicir que o 21% de IVE ou os copagos farmacéuticos afectan máis á economía de alguén que ingresa 18.000 euros e ao ano que a alguén que ingresa 60.000 euros.
 
Por tanto preténdese aumentar os ingresos, aumentando a presión fiscal directa e tamén a indirecta, así como reducir o gasto.Desta forma evitaremos seguir endebedándonos, que xa o estamos até as cellas e o problema deste endebedamento do estado é que agora non pesa demasiado porque os intereses están moi baixos, pero en canto empecen a subir podemos afogar.
 
Nese momento lembrei uns documentos sinxelos que manexo, onde de forma semestral, reflexo os gastos previstos para cada mes e a estimación de servizos que vou facer como ingresos. O curiosos é que a miña previsión de gastos é case sempre superada, é dicir sempre gasto máis do que teño previsto. Un incidente co coche, unha multa de tráfico, unha celebración inesperada.
 
No caso dos ingresos pasa xusto ao contrario; ou ben sobre o papel ingreso tanto, pero a realidade é que alguén non paga ou se demoran no pago dun servizo.
 
Polo xeral esta é a situación máis habitual nunha previsión de gastos, ingresos polo que hai que prever sempre os ingresos moi por baixo das expectativas e os gastos cunha marxe superior para evitar sustos. 
 
Con este pensamento coménteille a Antón: E, logo, as previsións son encomendarse ao azar?.
 
O meu interlocutor simplemente sorriu
 

Prezo medio con impostos da gasolina por autonomías
Prezo medio con impostos da gasolina por autonomías | Fonte: Ministero de Energía
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Arán Feijoo Covelo Consultor e RRPP. Nacido en 1978, en Vigo provincia de Pontevedra .Compaxina desde o ano 2009 labores como Auditor de Sistemas de Xestión para empresas e Institucións coa propias de Consultor empresarial en Procesos de Xestión da Calidade, o Medio e a Seguridade e saúde no traballo. LinkedIn