“Qué hai que estudar para ser reitor?”

Mozos participantes no Verán CampUSC mantiveron un encontro distendido co reitor en San Xerome.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/09/2018 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

“Qué hai que estudar para ser reitor?” ou “dá moita calor a toga?” foron algunhas das preguntas que lle formularon este luns ao reitor os vinte rapazas e rapaces que, como unha actividade máis do Verán CampUSC no que participan, visitaron o Colexio de San Xerome.

Algúns deles viñan coas preguntas –e as respostas- preparadas da casa, pero a maioría tiña curiosidade por saber se houbera algunha vez unha reitora muller, cantos reitores tivo a USC, quen foron o máis vello e o máis novo, que hai que estudar para ser reitor, cal foi a primeira facultade da USC ou cando se vai romper a dependencia da Igrexa.

Houbo tamén un momento para explorar as vocacións do futuro estudantado. Os que alí estaban o tiñan moi claro. Optarán maioritariamente pola enxeñaría e o maxisterio. O resto é unha incógnita, pero sabemos que Medicina e Dereito non serán opcións, polo menos polo de agora.

Logo deste encontro, no que o grupo estivo acompañado da vicerreitora Mar Lorenzo e do xerente da Fundación USC Deportiva, Óscar Hermida, os rapaces e rapazas ían repetir a experiencia co alcalde da cidade; sendo esta unha das numerosas actividades que contempla o programa de conciliación laboral e familiar da USC para menores de 12 anos que con case unha década de vida agora conta coa colaboración do concello compostelán.

Visiza de nenos e nenas ao reitor da USC dentro do programa Verán CampUSC
Visiza de nenos e nenas ao reitor da USC dentro do programa Verán CampUSC | Fonte: USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta