Un botellón rematou cun rapaz rescatado polos bombeiros tras caer nun gran buraco

O mozo tivo que ser atendido polo 061 logo de sufrir feridas. Tentaba ocultarse da Policía Local cando caíu no buraco.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2018 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

Un mozo tivo que ser rescatado na madrugada deste venres, despois de caer nun buraco cando, xunto cos seus amigos, cos que estaba a realizar botellón, saíu correndo ao ver á Policía Local de Santiago, segundo informou o servizo de emerxencias do 112 Galicia.

Botellón nunha cidade galega
Botellón nunha cidade galega | Fonte: EP

Fontes do Concello de Santiago confirmaron a Europa Press que un grupo de mozos estaban a facer botellón no parque da rúa José Ángel Valente, na zona de Conxo e que, ao ver a axentes da Policía Local, escaparon correndo. Un dos mozos saltou un muro sen ver que tras el había un buraco, ao que acabou caendo.

Os compañeiros do ferido puxéronse en contacto co servizo de urxencias do 112 Galicia, ao non ser quenn de axudalo a saír do buraco. Enseguida, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos profesionais das 061-Urxencias Sanitarias e aos bombeiros da cidade, que procederon ao rescate do mozo.

Unha vez a salvo, foi atendido polos servizos sanitarios de urxencia posto que presentaba algunha ferida e queixábase de dor nunha perna. A caída do mozo produciuse ao redor das 1,40 horas, na Praza da Mercé de Conxo, onde os mozos se reuniron para facer botellón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta