A historia de Bin Laden

Segunda viñeta da serie de Humor Gráfico de Gonzalo Vilas.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 08/05/2011 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

O terrorista Bin Laden acapara esta semana o protagonismo da viñeta de Humor Gráfico do ilustrador Gonzalo Vilas tras o seu asasinato en Pakistán por parte de forzas especiais do Exército dos EE.UU. Podes vela en grande aquí. E aquí a súa primeira colaboración co GC, sobre a Bildu.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

1 Manoliño

¿Asesinato? Tedes fiebre... Como lle lía a un que até hai pouco tiña por chulo, e visto o visto, admito o meu erro, porque ten mais razón que un santo: "el asesinato es un delito contra la vida humana, de carácter muy específico, que consiste en matar a una persona concurriendo ciertas circunstancias, tales como: alevosía, precio, recompensa o promesa remuneratoria y ensañamiento, aumentando deliberada e inhumanamente el dolor del ofendido". Aquí

1 Xoelho

Asasinato. No caso de que realmente o matasen, xa que fixeron desaparecer o corpo estrañanmente nada máis dada a noticia da intervención deses "rambos". O que había que facer era detelo (xa recoñecen que non estaba armado, aínda que deron varias versións dos feitos, sinal inequívoco de que menten) e xulgalo. ¿Acaso temían que no xuízo puidesen saír revelacións quen non interesaban nada, de cando foi aliado da CIA para implantar en Afganistán o réxime dos talibáns, as tropelías que cometeron xuntos e as que logo cometeu o réxime talibán? E a CIA, os yanquis, ben sabían que clase de xente estaban a apoiar frente ao goberno prosoviético que había en Afganistán.

2 Manoliño

De asasinato tururú. Será unha execución sen formación de causa, como as que ocorren en calquera guerra, pero o de asasinato repito que tururú. O que ocorre é que en Europa desde os anos 70 entrounos unha fiebre buenista, de tal xeito que un asasino premeditado pode matar impunemente, que total como moito vano meter nunha desas cadeas que son hoteles de 5 estrelas e ao sumo cumplirá unha condena de 30 anos. Pero as familias, por exemplo das vítimas de ETA, quedan fodidas e sen que teñan a satisfacción de poder vingar o asasinato dos seus. En USA son mais de campo, mais prácticos, e o que a fai, paga. E ninguén ten que ter medo á pena de morte: tan so non hai que matar, como fixo Bin Laden.

3 Xoelho

Non, en USA simplemente son imperialistas e interveñen en todas partes, aínda que ás veces acaban saíndo co rabo entre as pernas, como en Vietnam, como vai pasar en Irak, etc. E déixate de "buenismos", que, en todo caso, non é en España senón en toda Europa. Cando hai pena de morte, sempre despois dun xuízo e nunca doutra forma, sempre ocorren casos en que se executa inocentes. Casos descubertos, non falemos dos que puideron ocorrer sen seren descubertos.

4 Xoelho

Se non o detiveron foi porque algo tiñan que ocultar, porque Bin Laden foi ALIADO SEU, DOS YANQUIS. E os yanquis son, polo tanto, culpables de que en Afganistán houbese algunha vez un réxime talibán onde se cometían atrocidades, onde non se podía facer nada que non decidisen eses fanáticos do Corán e onde as mulleres eran menos que nada.

5 Manoliño

Xa empezamos coas vosas etiquetas: "imperialistas". Gracias aos malvados imperialistas houbo un desembarco de Normandía. Gracias aos malvados imperialistas o comunismo non nos comeu con patacas despois da II Guerra Mundial. E senón o detiveron foi, como pode comprender todo o mundo, porque de detelo, sabendo que son fanáticos, ao día seguinte algún dos que se "inmola", ocuparía unha escola en calquera sitio e ameazaría con facer estoupar unha bomba e matar aos cativos senón se liberaba a Bin Laden. Isto por non lembrar a nova que publicaba esta semana El País, e que non me deixou bo corpo, sobre todo porque senón poden trasladar a bomba atómica os seguidores de Bin Laden, Santiago é un símbolo da cristiandade http://www.elpais.com/articulo/inte...

6 CranioF

Ese medo teño eu, en Santiago calquera tolo pode provocar unha masacre. Esta xente é extremadamente perigosa, deberían pensalo os que tanto berran polo "asesinato". Calquera de nós podemos ser os seguintes. Estados Unidos fixo moita merda polo mundo adiante, pero nestes momentos da Historia nos pode salvar o cú a moitos. Non houbo nin hai enemigo máis perigoso que éstes.

7 Xoelho

Imos ver, Manoliño. Os yanquis non fixeron o desembarco de Normandía por facer un favor a ninguén senón polos seus propios intereses, e ademais a segunda guerra mundial non a gañaron só os yanquis; tamén particparon, por exemplo, os soviéticos, e outros máis. Punto un. Logo, o integrismo islámico tipo talibán ou tipo Jomeini-Irán (ou Arabia Saudita, tan amiga dos yanquis e coa que non se meten) foi fomentado enormemente polos USA, ¿ou non sabes ata que punto a CIA apoiou con asesoramento e armas a Bin Laden e talibáns na loita contra o goberno prosoviético que había en Afganistán? Con todo o que iso significa. O que pasa é que logo o monstruo se lles volveu en contra, nada máis. Mentres tanto, aos yanquis pouco lles importou as atrocidades cometidas nese país, ou no Iraq de Sadam Hussein, que tamén foi aliado deles, sabendo perfectamente que clase de réxime había. Así que menos ironía coa palabra "imperialista" aplicada a eses que se cren donos do mundo.

8 Xoelho

E repito, probablemente non lles interesaba coller vivo a Bin Laden e xulgalo, porque iso suporía que saísen á luz, porque moita xente non o sabe, as relacións entre Bin Laden, os talibáns e a CIA en Afganistán, ademais doutras implicacións. Todo se tapa segundo conveniencias, e no caso da morte ou suposta morte de Bin Laden hai cousas moi, pero moi escuras. http://carlosmartinez.info/content/...

9 Manoliño

Claro, claro, e mira... ¿non sería ben que denunciarades ante o Tribunal Penal Internacional esto que para ti parece ser un crime e unha desaparición forzada, como as que queredes denunciar do Franquismo? En todas as guerras existen execucións extraxudiciais. Cando Fermín Galán declarou en Jaca o estado de guerra publicou un bando moi breve que senón lembro mal dicía: Todo aquel que se oponga de palabra u obra a la republica naciente, será fusilado sin formación de causa. Pero vós tendes sempre a man o embudo: que algo vos convén, poñedes a parte ancha; que vos é adverso, poñedes a estreita. Seguide vivindo no voso mundo particular onde ten mais importancia a vida dun asasino premeditado que as vidas dos cativos dunha escola.

10 Xoelho

En primeiro lugar, os yanquis non recoñecen o Tribunal Penal Internacional para eles. Practican, eles si, a lei do funil. A caza de Bin Laden non foi ningún acto de guerra, un acto de guerra é un intercambio de disparos ou bombas nun frente de batalla. Iso non ten nada que ver. Foi a busca dun delincuente ao estilo "far west". Un asasinato para impedir que falase, aclarase cousas moi interesantes nun xuízo no que, ademais de pórse en evidencia a culpabilidade súa, saísen tamén as enormes responsabilidades de Estados Unidos na toma do poder dos talibáns en Afganistán, porque Bin Laden traballou para a CIA e os talibáns foron alidados dos Estados Unidos, que os auparon ao poder conscientes de todo o que iso significaba.

11 Manoliño

E dalle, Rosa... Os malvados Yankis, poden recoñecer ou deixar de recoñecer o Tribunal Penal Internacional, pero en virtude da xurisdición universal que se arrogou o xuiz Garzón (que Dios confunda debidamente), podedes denuncialo igual por realizar unha execución sen formación de causa e facer desaparecer o cadáver, coa pobre familia, que non ten onde levarlle unhas flores, como os desaparecidos do Franquismo XD O que vos ocorre é que sodes moi valentes cos débiles (cos franquistas e falanxistas que hoxe son tres), e non tendes o que temos os homes cos fortes. Aquí hai unha desaparición forzada -segundo vós- un crime contra a humanidade dos que din os lectores de Público que non prescriben nunca. Tedes moito conto, sobre todo para encher o voso peto chuchando subvencións, enchufando aos parentes cando tendes poder ou levándovolo crúo. A colarlla a outro. Executado, e moi ben executado.

12 Xoelho

¿Os fortes? ¿E quen son máis fortes hoxe que os ianquis, Manoliño? Ti si que estás cos fortes. Isto parece o mundo ao revés. E outra cousa: perseguir os crimes do franquismo, e o de "perseguir" é por dicir algo, xa que se foron todos "de rositas", impunes, perseguir iso, o que se debería ter feito, é non deixar que cometer atrocidades saia gratis. Non perseguir aos franquistas, como aos hitlerianos, como aos militares arxentinos, como aos fascistas italianos de Mussolini, ou como aos do falso comunista camboiano Pol Pot, é facerse cómplice e colaborar en que feitos así se repitan ao veren eles que non van ser castigados.