Agustín Hernández candidato do PP á Alcaldía de Santiago: "Loitarei para que a cidade deixe o gris"

Hernández declara que é un "orgullo" e "unha responsabilidade" tentar recuperar o bastón de mando.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2018 | Actualizada ás 21:37

Comparte esta noticia

O actual portavoz local do PP en Santiago, Agustín Hernández, foi confirmado este xoves candidato á Alcaldía da cidade por parte do comité electoral local do partido, que lle deu o seu apoio por unanimidade para volver asumir este reto.

Comité electoral local do PP de Santiago. PP DE SANTIAGO
Comité electoral local do PP de Santiago. PP DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Tras ser ratificado polos seus, Hernández, quen será presentado 'oficialmente' como cabeza de cartel popular da capital galega o próximo día 22, trasladou, en declaracións a Europa Press, que para el supón "un orgullo" e "unha responsabilidade" tentar recuperar o bastón de mando agora en mans de Martiño Noriega (Compostela Aberta).

"Loitarei para que a cidade deixe o gris e volva brillar", asegurou o que fora conselleiro do Goberno de Alberto Núñez Feijóo e tamén alcalde da capital galega na última etapa do anterior mandato local.

Aínda que o seu nome dábase por feito desde hai meses, Hernández transmitiu o seu "agradecemento" ao comité local pola "confianza" que deposita nel. Agora, explicou que se propón articular un programa que "ilusione" e unha candidatura na que "se vexa reflectida" a cidadanía de Santiago. Sobre todo, aludiu a "unha parte importante" dos veciños da capital galega que perciben que Santiago está "instalado no gris". "Loitaremos para que volva brillar", proclamou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

e logo vaina pintar de azul gueivota ? está claro que Martiño Noriega ten que cambiar de xastre, velaí o problema principal de Santiago (as cores dos traxes dos seus gobernantes) Igual á Fundación Catedral se lle ocorre algunha idea brillante (como regalar casullas aos alcaldes!)