Dilema popular ante a protesta da AVT na Coruña

As manifestacións da Asociación de Vítimas do Terrorismo (AVT) contra a polémica setencia de Bildu sacudirán a campaña o sábdo. Nos líderes do PP estatal hai división sobre participar na protesta central de Madrid.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 11/05/2011 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

Arestora no PP galego, especialmente o candidato da Coruña Carlos Negreira ,valoran a posibilidade de secundar a protesta convocada na praza de María Pita a partir das 18 horas do sábado. O motivo da concentración é criticar a sentencia contra a "legalización de Bildu".

None

Xuíces traidores a España?

As dúbidas conservadoras nacen en gran medida pola agresividade do lema da protesta, que acusa aos xuíces do alto tribunal de ser uns traidores: ‘Ante a traizón a España, ETA fóra das eleccións’.

O Tribunal Constitucional rebateu a sentencia do Supremo, pois os xuíces entenden que non se pode limitar o dereito fundamental á participación política unicamente coa sospeita da subordinación á banda terrorista ETA.

A Xunta Electoral autorizou este martes a concentración, malia que en campaña están limitadas as manifestacións que poidan incidir no proceso electoral. Haberá protests nunha ducia de cidades a partir das 18 horas do sábado, entre elas Málaga, Zaragoza, Valladolid, Cáceres, A Coruña, Murcia ou Logroño.

As vítimas aseguran que o Goberno é responsable da decisión do Tribunal Constitucional de permitir a Bildu concorrer ás eleccións do 22 de maio.

En Génova xa confirmaron que Rajoy non estará presente na concentración, aínda que deu liberdade aos seus dirixentes para que acudan a título particular. Xa confirmou a súa asistencia o eurodiputado Jaime Mayor Oreja, ex-líder do PP vasco que teima en que ZP segue a negociar cos terroristas.

Rajoy quere que a campaña se centre na crise e non na polémica de Bildu, polo que non acudirá. Está por ver aínda a postura do PP de Galicia.

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

7 Roel

AVT na Coruña e nestes días? que me estas contando? Supoño que Carlos Marcos, a Falange Auténtica, Carlos Negrero, Manolo (Moncho, non o outro) de Sada non faltarán, pois este non é un ACTO ELECTORAL, como moi claro fica para calquera.

6 Discrepante

Con ETA e Batasuna non se negocia... ou si? http://comunidad.terra.es/photos/pu... http://valenciano76.files.wordpress...

1 Faldo

Exactamente, non cabe a negociación cos asasinos: http://i12.photobucket.com/albums/a...

5 Andamolho

E o PP coma sempre tan claro,voy pero no voy,estou a favor pero solo un poquito,todo depende de lo que me convenga,a quen pretenden enganar? unha cousinha que ninguen esqueza a bandeira do aguilucho,nunha manifa que se precie non pode faltar.

4 Discrepante

http://www.escolar.net/MT/archives/...

1 Eu non son un botarate

Discrepante, o enlace que colgas é de Intereconomía, non sí?

2 Discrepante

De Intereconomía, de 'La Razón' ou de FAES. Agora mesmo xa non lembro.

3 CranioF

"Sospeita de subordinación a ETA", que llo pregunten ao gudari ese que saíu da cárcere. Respecto aos xuices, as mans de Rubalcaba son moooooi longas. Fortuna que dentro de pouco van saír do goberno por fin, a primeira labazada, o día 22.

1 Arenga

Arriba a demagógia!!!!!!, abaixo a democrácia!!!!!!!!

2 dadas

gora bildu

3 Compostelanaa

Gora home gora Bildu e si queres gora ETA tamén, nin as vítimas se respetan...sinceramente hai que ter moita pacienciña para aguantar estas provocacións. Quen pode poñer en dúbida que familiares de asasinados estean en contra da legalidade de Bildu. Menos mal que non había relación.... e de novo un etarra escupe na democracia.

4 Cogumelo feroz

A demagoxia, de balde cos xornais dos coro dos rancios tramontanos. Sempre hai quen aplauda este tipo de aberracións. Cranio duro coma un corno e compistolas, un pouco de gramática non vos vinha mal: eta en eusquera significa e, conxunción e na faixa estaban as cores da ikurrinha xunto cunha furna. Outros converten a aguia asasina nunha gaivota que mexa por vós e non dicides nada. Demócratas de tres ao curto...

5 Compostelanaa

Cogumelo demócrata de pro,gramática?? ETA e a conxunción "e" e ETA son as siglas dunha organización terrorista e Gora ETA (Viva ETA)é un grito de guerra ben coñecido salvo que vivas na Conchinchina. Cal é o problema? Xa sei eu da tua democracia, democracia para ti é goberno dos teus afíns político-delincuentes confesos e desaparición de toda crítica...eso sí se semella abondo á aguia asasina. Igual non sodes tan diferentes. Ah e cando queiras choques gramaticais encantada pero eu son máis de galego normativo, idioma cooficial de Galicia/Galiza.

6 Compostelanaa

Por certo, recicla o teu galego e adáptao ao normativa vixente si queres gabarte de coñecementos...dise urna non furna, salvo que fales do accidente xeográfico que deduzo que non.

7 CranioF

Cranio duro falando: Iso de conpistolas serás tí, e os teus amigos. Eu non vou armado. E que eta significa "e" xa o sei, pero que o mardento que sostiña a pancarta é un etarra tamén o sei. E que compares un símbolo inconstitucional co símbolo dun partido onde hai tantísimos antifascistas só demostra o rebobo que és. Tamén haberá xente amante dese réxime, pero pódoche asegurar que a maioría odian as dictaduras, empezando pola de ETA. Inda que isto o sabes ben, pero que moi ben. Trátase de botarnos a merda a todos enriba.

8 democrata

@ Compostelanaa & CranioF: tranquilos, meus, ide tomando tila que se isto vos parece duro, o que queda é muito pior... ide-vos acostumando à maioria soberanista em Euskal Herria, que vai começar polos concelhos. Alí estará, bem cedinho, Bildu governando muitos deles... e Aralar, e evidentemente uma chea deles o PNV... com este escenário, aos espanholeiros queda-vos pouco que rascar em EH. Ide-vos afazendo à ideia de que mais pronto que tarde se vam independizar, por muito que vos foda ao PP e à AVT ver escachar a vossa querida Espanha XD

9 Arenga

Volvo repetir, arriba a demagógia!!!! abaixo a democrácia!!!!! Para compostelana e craniof, dizer que bildu é eta é umha mentira que utilizades os antidemocráticos para censurar umha idiologia que nom vos gosta, se nom for assim estariam em prisom por pertença a banda armada, mas como isso é falso difama, difama, que algo quedará. Se nom, por favor, respostar: Ninhum candidato de bildu cometeu delito algum(nom como noutros partidos tam democráticos), todos os candidatos de bildu assinarom um documento condenando a violência, entom, pq nom vam poder presentar-se cidadans livres com todos os seus direitos em ativo a umhas eleiçons???

10 xaquín rei

O PP está acolloado porque vai desaparecer practicamente en Euskadi e Nafarroa, para presentar candidaturas tiveron que inflar os censos con xente de fora de euskadi, algo manifestamente ilegal pero que aos da gaivota se lle consinte. Outro temos, mais grande aínda, é que o negocio do terror se lles vai ao tacho. Van perder moitos cartos e moita influencia. Usan ás victimas como coartada para defender os seus interese, ás víctimas da ETA, mentras se ríen día si e día tamém dos centos de miles de asesinados, perseguidos e torturados polo réximen franquista, do cal proceden. Canta miseria moral añida no niño da gaivota.

11 Discrepante

Xaquín, o xornalista Javier Vizcaíno, a quen sempre convén ler, expresa moi ben o que ti dis: http://blogs.deia.com/mas-que-palab...

12 anonimo

Pues yo recomiendo este artículo de Vizcaíno dedicado a Savater, otro que también supo sacarle mucho jugo a la naranja de la violencia etarra: http://blogs.deia.com/mas-que-palab... El fin de ETA puede hacer que a algunos se les acabe el negociete y a otros el discurso.