Dilema popular ante a protesta da AVT na Coruña

As manifestacións da Asociación de Vítimas do Terrorismo (AVT) contra a polémica setencia de Bildu sacudirán a campaña o sábdo. Nos líderes do PP estatal hai división sobre participar na protesta central de Madrid.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 11/05/2011 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

Arestora no PP galego, especialmente o candidato da Coruña Carlos Negreira ,valoran a posibilidade de secundar a protesta convocada na praza de María Pita a partir das 18 horas do sábado. O motivo da concentración é criticar a sentencia contra a "legalización de Bildu".

None

Xuíces traidores a España?

As dúbidas conservadoras nacen en gran medida pola agresividade do lema da protesta, que acusa aos xuíces do alto tribunal de ser uns traidores: ‘Ante a traizón a España, ETA fóra das eleccións’.

O Tribunal Constitucional rebateu a sentencia do Supremo, pois os xuíces entenden que non se pode limitar o dereito fundamental á participación política unicamente coa sospeita da subordinación á banda terrorista ETA.

A Xunta Electoral autorizou este martes a concentración, malia que en campaña están limitadas as manifestacións que poidan incidir no proceso electoral. Haberá protests nunha ducia de cidades a partir das 18 horas do sábado, entre elas Málaga, Zaragoza, Valladolid, Cáceres, A Coruña, Murcia ou Logroño.

As vítimas aseguran que o Goberno é responsable da decisión do Tribunal Constitucional de permitir a Bildu concorrer ás eleccións do 22 de maio.

En Génova xa confirmaron que Rajoy non estará presente na concentración, aínda que deu liberdade aos seus dirixentes para que acudan a título particular. Xa confirmou a súa asistencia o eurodiputado Jaime Mayor Oreja, ex-líder do PP vasco que teima en que ZP segue a negociar cos terroristas.

Rajoy quere que a campaña se centre na crise e non na polémica de Bildu, polo que non acudirá. Está por ver aínda a postura do PP de Galicia.

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

2 Manolo2

Estupenda iniciativa de la AVT. Unos estaremos con las víctimas, otros en casa y otros estarán con los amigos de los terroristas.

1 Amigho

Arrasando en los ayuntamientos y vosotros a verlas venir. Olvidaos de los votos de mis padres en Rentería. Van para el PNV y el mío para Bildu.

2 Manolo2

No esperaba otra cosa de ti. Que votes a Bildu es lo lógico.

3 Cogumelo feroz

Tampouco agardamos nada máis de ti que que votes ao nazismo espanhol, reprensentante da lei internacional dos que asasinan impunemente e rouban, destrúen culturas e inventaron o telelixo. Tes menos siso que unha caricatura en papel cuxé. Dime, que cogumelos mastigas, manoleitor...

4 Manolo2

Por este orden: vete al psiquiatra, deja las drogas, y lee un poco. El nazismo era por definición, alemán. Y se llamaba nacionalsocialismo. Es decir, si tiene algún tipo de afinidad por aquí es cierto con cierto partido nacionalista y socialista que padecemos por aquí.

5 Faldo

Postos a falar de afinidades co nazismo, que tal se lembramos o concordato que asinou a Santa Sé con Alemaña en 1933 ou o apoio total que o bispado alemán lle prestou ao Führer? E se reparamos en que o antisemitismo do Terceiro Reich tivo un clarísimo precedente nas persecucións que durante séculos padeceron os xudeos por parte da Igrexa Católica? E se falamos dos anos mozos de Ratzinger, cando militaba nas xuventudes hitlerianas? Por certo, xa esquecemos que o actual pontífice levantou a excomunión a Richard Williamson, bispo que negou o Holocausto?

6 anonimo

Non te equivoques!!! Estar coa AVT non é estar coas vítimas, é apoiar a un grupusculo minoritario que toma a voz das vítimas para facer política de extrema dereita. Por certo supoño que equivocado non estarás, só quererás manipular un pouquiño que mola mazo.

7 Arenga

Aaah claro manolito que ti nom es nacionalista, noooom, é o que tem criticar todo o dia ao nacionalismo(galego, vasco e catalam), que depois um esquece-se de que é um nacionalista espanhol.

8 Manolo2

Faldo. Busca más cerca. Antisemitismo lo tienes todavía hoy aquí en Galicia, en partidos que tienen todavía unos cuantos diputados en el parlamente, aunque afortunadamente están en franca decadencia, y que expulsaban a la gente del partido por crear asociaciones de amistad entre Galicia e Israel. Concordatos, la santa sede los firmó con todo el mundo. Más todavía, hoy tiene tratos diplomáticos con la república asesina, bananera y comunista de Cuba. Y no por eso el papa es comunista. Por cierto, ¿sabes que la militancia en las juventudes hitlerianas era obligatorio? También la iglesia levanta la excomunión a quien aborta y tu seguro que conoces a varias...

9 Faldo

Ai! quedábame por lembrar que Hitler foi bautizado e, que se saiba, nunca apostatou e nunca foi excomungado. O problema non é que se asinase un concordato don Alemaña, senón o silencio miserable de Pío XII mentres o réxime nazi, igual que o dos ustashi en Croacia, o franquista en España ou o fascista en Italia cometían as súas atrocidades. As relacións diplomáticas con Cuba son unha cousa; algo ben distinto foi a visita de Xoán Paulo II á illa, na cal non pronunciou a menor palabra de condena ao réxime castrista. Por último, non coñezo ningunha persoa que tivese a honra de excomungada, nin por abortar nin por outra cousa.

1 Arenga

Fóra da Galiza estas antidemocráticas associaçons amigas da censura.

1 Fon

Dende logo a resposta de Sechu confirma o comentario de Arenga (Polo de antidemocrático e amigo da censura), incluso quédase ben curto. Si, si.... serán estos os representantes da AVT en Galiza?