Controlado o lume en Serra de Outes

O incendio declarouse na parroquia de Valadares. Por outra parte, houbo unha falsa alarma no lugar dos Tilos, concello de Teo.

Por Galicia Confidencial | Serra de Outes | 25/09/2018 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

O lume que se declarou na parroquia de Valadares, concello de Serra de Outes, comezou sobre as 22:00 e foi controlado ás 02:20 da mañá. 

Incendios
Incendios

A superficie afectada foron 6,67 hectáreas, das que unha é de arborado e o resto monte baixo. O operativo que se puxo en marcha levou sete axentes, trece brigadas, nove motobombas e unha pá mecánica. 

Por outra banda, rexistrouse unha falsa alarma no concello de Teo, concretamente no lugar dos Tilos, segundo informou Medio Rural. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta