Aumentan as plantacións de marihuana nos montes galegos

Detido un veciño de Celanova, localizado con 40 plantas de marihuana nunha leira da súa propiedade. Nos últimos anos aumentaron os achados de plantacións de "maría" en leiras e montes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2018 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Celanova (Ourense) detivo a un veciño desta mesma localidade, de 47 anos, J.D.L., que foi localizado cortando 40 plantas de marihuana dun monte da súa propiedade no lugar da Chaira.

Plantas de marihuana incautadas a un veciño de Celanova. GUARDIA CIVIL
Plantas de marihuana incautadas a un veciño de Celanova. GUARDIA CIVIL | Fonte: Europa Press

Fontes da Garda Civil apuntaron que ao home, arrestado ao redor das 20,00 horas, considéraselle autor dun delito contra a saúde pública por cultivo de marihuana. O caso foi derivado ao Xulgado 1 de Celanova.

De feito, este tipo de plantacións comezan a ser habituais no rural galego. A Garda Civil ten detectado un aumento do uso de montes e leiras para plantar marihuana, nalgunhas ocasións sen o consentemento ou o descoñecemento dos propietarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta