Feijóo: "Un máster esixe estar presente todos os días, incluídos sábados e domingos"

Advirte que "ser conselleiro non é ser xefe de ninguén, senón empregado e servidor de todos os galegos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2018 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aproveitou a toma de posesión do seis conselleiros que entran ou ven reordenadas as competencias para pór deberes a todos os integrantes do seu Executivo, incluídos aos que seguen, dos que só dous --o vicepresidente Alfonso Rueda e Rosa Quintana-- o acompañan desde 2009.

Toma de posesión do novo Goberno de Feijóo após a remodelación de 2018. Europa Press
Toma de posesión do novo Goberno de Feijóo após a remodelación de 2018. Europa Press | Fonte: Europa Press

Con especial foco en traballar para que o Xacobeo de 2021 sexa "o mellor da historia", repasou todas as áreas e, tras remarcar que "Galicia non deixa de avanzar" e esixe "un Goberno preparado para retos futuros", trasladou unha mensaxe a todos os membros do seu Executivo: "cada día terán unha cousa moi presente, que ser conselleiro non é ser xefe de ninguén, senón empregado e servidor de todos os galegos".

"O lema de 2016, 'Galicia, Galicia, Galicia', mantén toda a súa vixencia", proclamou Feijóo, despois da intervención dos seis conselleiros que xuraron o seu cargo, que agradeceron a confianza recibida e garantiron o seu "compromiso" ante os novos retos que asumen.

Tamén José Manuel Rey Varela e Beatriz Mato, que deixan as súas carteiras autonómicas para competir polas Alcaldías de Ferrol e A Coruña, pronunciaron senllos discursos de despedida. Como nas últimas tomas de posesión, a conselleira Rosa Quintana non puido conter as bágoas de emoción en varios momentos do acto.

Pola súa banda, Mato enxalzou a figura política de Feijóo e identificou estar no seu Goberno cunha experiencia mellor que "facer un máster", unha mención que posteriormente aproveitou o presidente galego, quen chanceou con que "o máster" do seu Goberno esixe "estar presente todos os días, incluídos sábados e domingos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta